GRUPO DE TRABALLO: INIQUIDADES EN SAÚDE E SAÚDE INTERNACIONAL

GRUPO DE TRABALLO:

INIQUIDADES EN SAÚDE E SAÚDE INTERNACIONAL

Coordinadora:

Ana Arceo Tuñez

Integrantes:

  • Ana Arceo Tuñez (coordinadora)
  • Alicia Losada Zapatero
  • Inés Fernández de Córdoba
  • Lucía Cedrón Barreiro
  • Anyhela Karin Lozada García
  • María Isabel Ascensao Cruz Fonseca
  • Iris Blanco Misol
  • Luisa Fernández Clavero
  • Ronsel Noemí Fernández Suárez

Contacto:

gdtinequidades@agamfec.com

Xustificación:

As inequidades na saúde son as desigualdades sistemáticas inducidas por procesos sociais que teñen a característica ética, moral e política de ser inxustas e evitables. Dentro deste concepto mixtúranse diferentes eixos de desigualdade como a clase social, o xénero, a etnia, raza e o territorio onde se vive, entre outros. Estos factores determinan en grande medida a saúde das poboacións.

Así, as principais áreas de interese nas que imos traballar desde o punto de vista da formación, visibilización e investigación son:

1) Inequidades na saúde e determinantes sociais

2) Inmigración e saúde

3) Medicina tropical, consello ao viaxeiro e saúde internacional.

Obxectivos:

O noso principal obxectivo é mellorar a saúde e a asistencia sanitaria das persoas e os colectivos sociais máis vulnerais e en risco ou situación de exclusión na consulta e na Comunidade. Para elo é fundamenal incorporar ou potenciar o foco nos determinantes sociais como elemento transversal para abordar os distintos problemas de saúde.

Actividades:

  1. Autoformación co fin de elaborar, adaptar e divulgar os documentos e evidencias científicas que xurdan

  2. Asesorar á AGAMFEC.

  3. Docencia:

    1. Desenvolver materiais formativos para os/as profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria relacionados con estas áreas de traballo.

    2. Colaborar coas Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Galicia na formación dos/as residentes da especialidade, así como dos/as estudantes da Universidade.

    3. Participar en xornadas e congresos

    4. Elaborar documentos e realizar actividades para informar, sensibilizar e formar á cidadanía na Comunidade

  4. Investigación: Impulsar a actividade científica e fomentar a investigación entre os/as profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria

  5. Publicacións en revistas da especialidade.

  6. Participación en foros institucionais ou en medios de comunicación en representación da AGAMFEC.

  7. Colaboración:

  • Como integrantes do grupo de traballo de Inequidades en Saúde e Saúde Internacional a nivel SemFYC, e en colaboración coas outras sociedades federadas

  • Establecer alianzas con actores que traballan no ámbito dos determinantes e as inequidades en saúde como son ONG, REDER, ACIS ou PACAP

Actividades 2022:

Clases asignatura Medicina Familiar e Comunitaria do Grao en Medicina da
Universidade de Santiago de Compostela (16 Marzo e 7 Abril): Clase impartida
por Inés Fernández de Córdoba: “Pacientes en situacións especiais”
 Xornadas residentes AGAMFEC (25 de Marzo): Caso clínico en formato tertulia-café de Helena Abadín e Alba
 Charla facultade de Medicina sobre Acceso Universal organizado por Meiga (28 de abril): Imparte Ana Mozo
 Sesións en Unidades Docentes:
o Santiago: Sesión sobre Determinantes Sociais da Saúde impartida por María Ascensao

 Curso formato mixto (online/presencial) conxunto Gdt Inequidades-Comunitaria para Unidade docente de Ferrol (para EIR e MIR familia).
Participan por Gdt Ineq: Inés, Alicia, Lucía e Ana Arceo.
o 1º ano: DSS e papel na consulta do profesional sanitario (outubro-
novembro)
o 2º ano: Mapeo e diagnóstico de saúde
o 3º ano: Proxecto de investigación
 Participación en XXV Xornadas anuais AGAMFEC (5-6 novembro).
o Escape Room (todo o grupo)
o Mesa Onda Dixital: Ana Arceo
 Participación como docentes 2ª edición Curso Migración e Saúde SEMFYC: Ana Arceo e Inés Fernández de Córdoba (Outubro-Febreiro 2023)

Actividades 2021:

PUBLICACIÓNS:
– Editorial revista CADERNOS:
o Unha cuestión de aporofobia. Xaneiro 2021
o Sindemia por Covid 19. Decembro 2021
– Hemos leído web SEMFYC Novembro 2021. Overuse or underuse

ACTIVIDADES:
– Clase Atención á Persoa Migrante na asignatura de Medicina de Familia do Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Ana Arceo Febreiro 2021
– Presentación DSS como sesión clínica en Redes de Residentes da AGAMFEC. Raquel López, Xuño 2021
– Obradoiro Xornadas Setembro AGAMFEC (cancelado)
– Participación como docentes 1ª edición Curso Migración e Saúde SEMFYC: Ana Arceo e Inés Fernandez de Córdoba

Actividades 2020:

PUBLICACIÓNS:

ASISTENCIA A EVENTOS:

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies