Juan Luis Ruiz-Gimenez

Grazas, Juan Luis

Por Francisco Troitiño

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) está de loito pola irreparable perda co pasamento do noso amigo e compañeiro Juan Luis Ruíz-Giménez o día 21 de agosto. Dende a súa chegada a Vigo a finais dos 70 como médico intensivista no Hospital Xeral, entendeu que o motor fundamental para mellorar a saúde era unha Atención Primaria (AP) Integral e Universal de calidade: e como resultado de iso fusionouse coa nosa recén creada especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, e foi a implicación neste aspecto comunitario o que o levou a tutorizar a formación dos MIR e por en marcha os primeiros Centros de Saúde. Despois de abrazar a nosa especialidade e estudar Saúde Pública en Cuba a súa vida converteuse nun esforzo continuo por mellorar a vida das persoas a través das múltiples accións e responsabilidades asumidas: Asesor ministerial para creación de Estruturas Básicas de Saúde de AP no 1984, Director Xeral de Saúde en Castilla-La Mancha (CLM) á finais dos 80, cun equipo multidisciplinar con varios galegos incluídos; promoveu a total reforma da AP con forte sentido Comunitario creando os activos Consellos de Saúde e un plantexamento integral cun entusiasmo contaxiante, posteriormente plasmando isto no Centros de Saúde de Villaverde e Vallecas, onde exerceu.

Esta guía de vida que adoptou Juan Luis ao servizo dos máis necesitados e dende unha perspectiva comunitaria e solidaria, levouno a ampliar e impulsar campos de acción en numerosas plataformas de saúde pública, entre outras “Marea Blanca”, “Yo sí, Sanidad Universal” e PACAP (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) da Sociedade de Medicina Familiar e Comunitaria. Entendeu que os determinantes da saúde van máis alá da atención médica e por iso non dubidou e crear a ONG SODePAZ e participar en plataforma antimilitaristas como OTAN NO

Polo seu compromiso con estes valores foi defenestrado (CLM) ou marxinado polo Poder Político, pero a súa grandeza perdura no moito conseguido por el para a humanidade e nos corazóns dos que tentamos continuar andando polo camiño por el deseñado. Grazas, Juan Luis.

A AGAMFEC súmase a petición de que se lle dea o seu nome a un Centro de Saúde en Vallecas, tal como se está a promover.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies