Tralo grande éxito dos webinars que se celebraron ao longo destes meses de pandemia, a semFYC propúxose continuar con este formato que tan bo resultado ven dando elevalo ao campo formativo baixo o título Hora D. Tu formación en directo. Ao longo deste mes de xuño vanse celebrar unha serie de seminarios web temáicos aos que as e os médicos de familia poderán acceder mediante un enlace para non só visualizalo, senón tamén realizar preguntas.
A primeira das sesións celebrarase o martes 2 de xuño ás 20.00 horas e leva por título Crise sanitaria por COVID-19: Retos en continuidade asistencial dos pacientes en atención nutricional. Unha das competencias de Atención Primaria é a atención nutricional do paciente crónico. No marco da crise sanitaria provocada pola COVID-19, a atención nutricional do paciente crónico é un reto na continuidade asistencial. O webinar estará moderado por Raquel Cantoral, membro do GdT de Nutrición de Somamfyc, e contará con Carolina de Esteban, membro do GdT de Nutrición da semFYC e coordinadora do GdT de Nutrición de Somamfyc, e Cristina de la Cuerda, médico adxunto da Unidade de Nutrición do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón.
Podes inscribirte no seguinte enlace
A segunda, que terá lugar o xoves 4 de xuño ás 20.00 horas, xirará arredor da Rinite alérxica e a nova normalidade. Trátase dunha sesión na que se enfoca a rinite alérxica dende unha dobre perspectiva: a análise da súa abordaxe na consulta de Atención Primaria e o enfoque do alergólogo na rinite alérxica persistente, así como os seus criterios de derivación. Estará moderado por Jesús Molina, coordinador do GdT en Enfermidades Respiratorias da semFYC e participarán Cecilia Amato, membro do GdT de Enfermidades Respiratorias da semFYC, e Darío Antolín, secretario da Xunta Directiva da Sociedad Española de Alergología e Inmunología Clínica (SEAIC). Esta sesión está promovida polo Grupo Mylan.
As inscricións xa están abertas no seguinte enlace
A terceira das sesións celebrarase o xoves 11 de xuño ás 20.00 horas sobre Enfermidades respiratorias crónicas e COVID-19: antes, durante e despois. Nela trataranse cuestións como o risco de peor pronóstico da infección por COVID-19 en pacientes con problemas respiratorios, a relacións fisiopatolóxica e de manexo entre ambas, os aspectos de especial relevancia a ter en conta nun paciente con patoloxía respiratoria crónica con posible infección por COVID-19, seguimento e manexo terapéutico do paciente respiratorio post-COVID-19: posibles secuelas, rehabilitación respiratoria, seguimento a longo prazo.., entre outras. A sesión estará moderada por Jesús Molina París, coordinador do Grupo de Traballo de Enfermidades Respiratorias da semFYC, e contará con Juan Enrique Cimas e Juan Daniel Ocaña, ambos tamén do GdT de Enfermidades Respiratorias, como ponentes.
Poderás seguir o webinar no seguinte enlace
A cuarta das sesións, que será o 16 de xuño, levará por título Diabetes e desnutrición: Manexo dende a Atención Primaria. No seguimento que os médicos de familia fan dende a Atención Primaria dos pacientes diabéticos, unha das competencias asumidas é a atención nutricional. Nesta a pandemia da COVID-19 supuxo a necesidade de reorientar a continuidade asistencial. Estará moderado por Carolina de Esteban, membro do GdT de Nutrición da semFYC e coordinadora do GdT de Nutrición de Somamfyc, e contará con Lourdes Carrillo, membro do GdT de Nutrición da semFYC e da redGDPS, e Carmen Gómez, xefe da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética do Hospital Universitario La Paz, como poñentes.
Por último, o 29 de xuño terá lugar o webinar Impacto muscular e funcional no paciente de comunidade: tratamento nutricional. Todo elemento vinculado á relación entre impacto muscular, funcionalidade e nutrición se antolla clave no manexo do paciente de comunidade. Nesta sesión abordarase o tratamento nutricional para facer unha correcta abordaxe do mesmo dende a Atención Primaria. Estará moderado por Alicia Rodríguez Blanco, membro do GdT de Nutrición de Somamfyc, e os poñentes serán José Ignacio Ramírez, coordinador do GdT de Actividade Física e Saúde da semFYC, e José Manuel García e Isabel Vegas, da Unidade de Nutrición do Hospital Universitario Virgen de la Victoria de Málaga. Conéctate aquí
Das sesións programadas, as dos días 2, 16 e 29 de xuño forman parte dunha serie titulada Atención nutricional polo médico de familia no paciente crónico: competencias en Atención primaria na era COVID-19 e contan co aval e patrocinio de Senpe e Abbot.