Dende esta mesma páxina pódese inscribir nas XXII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria.
Deberá enviar o formulario de inscrición cumprimentado na sua totalidade, de forma lexible e acompañado do pago correspondente. Confirmaranse por escrito todas as inscricións recibidas.
Taxas Inscrición
1. Socio Senior AGAMFEC ou AGEFEC |
159€ |
2. Socio Senior doutra Sociedade de Atención Primaria |
185€ |
3. Non Socio Senior de ningunha Sociedade de Atención Primaria |
226€ |
4. Residente Socio AGAMFEC ou AGEFEC |
92€ |
5. Residente Socio doutra Sociedade de Atención Primaria |
118€ |
6. Residente Non Socio de ningunha Sociedade de Atención Primaria |
134€ |
7. Xubilado Socio AGAMFEC ou AGEFEC |
92€ |
8. Cea Oficial das Xornadas (Venres, 8 de febreiro) |
45€ |
As taxas do 1 ao 7 inclúen: Asistencia ás sesións científicas e documentación oficial das Xornadas.
As taxas 4, 5 e 6: Imprescindible adxuntar documento en papel oficial da institución firmado polo xefe de servizo/supervisor.
A taxa 8: prazas limitadas, reserva por rigorosa orde de chegada das solicitudes.
Obradoiros (venres 8 febreiro)
Os Obradoiros son gratuítos. Prazas limitadas, máximo dous obradoiros por persoa. As inscricións aos obradoiros realizaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Para asistir aos mesmos é imprescindible estar inscrito ás Xornadas en xeral. A organización resérvase o dereito de cancelar algún obradoiro en caso de non ocuparse un número mínimo de prazas.
Data límite para inscribirse antes das xornadas
31 de Xaneiro de 2019. A partir desta data a inscrición deberá realizarse na sede Hotel Aticca 21 na área de acreditación (ver horario a continuación).
Horario Secretaría
Venres, 8 de febreiro: de 9:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.
Sábado, 9 de febreiro: de 9:00 a 14:00 h.
Forma de Pago
Poderá realizar o pago das taxas de inscrición mediante unhas destas opcións:
Transferencia Bancaria: A nome de AGAMFEC, ao número de conta IBAN ES11 2080 0300 85 3045561003 de Abanca (R/ Montero Ríos 7, 15701 de Santiago de Compostela). Unha copia da transferencia debe ser remitida xunto co formulario de inscrición. E-mail: secretaria@agamfec.com
Data límite para efectuar transferencias: 31 de xaneiro de 2019.
Tarxeta de crédito: Marque o apartado correspondente do formulario de inscrición. Non esqueza asinar o formulario, indicar o nome do titular da tarxeta, a data de caducidade e o código de control. Aceptanse, unicamente, tarxetas Visa e MasterCard.
Cancelacións e Cambios
As cancelacións deberán realizarse por escrito. Aplicaranse as seguintes normas: todas as cancelacións recibidas antes do 8 de xaneiro de 2019 darán dereito á devolución do importe aboado, excepto 25€ en concepto de gastos administrativos. A partir de dita data non se farán devolucións. As devolucións realizaranse aproximadamente un mes despois das Xornadas.
Cada cambio de nome do participante inscrito implicará unha taxa de 10€ en concepto de gastos administrativos. Só se poderán realizar cambios de nome dentro da mesma taxa de inscrición.