AGAMFEC INFORMA COVID19

Nota de Prensa AGAMFEC sobre as gardas de residentes

A AGAMFEC Leva anos denunciando o deterioro da Atención Primaria a sua falta de financiación, a perda das suas estructuras directivas, a falta de relevo xeracional e a pouca consideración e recoñocemento da docencia que fan os tutores de maneira xenerosa. A pesares de ese escaso recoñocemento nin económico nin profesional a formación dos residentes de Medicina familiar e comunitaria seguía sendo motivo de orgullo. Os nosos especialistas son reclamados en todalas instancias e mesmo en todolos paises cando emigran lor falta de contratos dignos na nosa terra. A formación era último o que nos aferrábamos como mostra de orgullo profesional.  A nosa esperanza no futuro. Era ata o de agora o único que non se tiña maltratado pola administración.

Por desgraza os derradeiros motivos de orgullo tamén sucumben ante o empuxe das medidas desesperadas do Sergas. A partires de agora os nosos residentes de 4⁰ ano que teñen un contrato de FORMACION, van ser empregados como medicos asistenciais nas gardas dos PAC. Sen titorizacion nin supervisión, traballando coma se fosen especialistas. Esta é a medida que toma o Sergas ante unha situación de precariedade creada por eles mesmos.

Exiximos, como sociedade científica garante da formacion dos médicos de familia, que non se tomen este tipo de medidas e que os residentes se neguen a facer este desatino. Ca formación non se poden tomar atallos, o tema é serio e perigroso. Nin os profesionais nin os usuarios poden permitir semellante atentado a responsabilidade e boa práctica clínica.

1 comentario en “Nota de Prensa AGAMFEC sobre as gardas de residentes”

  1. Totalmente dacordo. A formación e motivo de orgullo e a docencia unha motivación importante para os que queremos seguir participando nela. Non se forma mellor o R4 que ve 100 doentes nunha garda sen poder pararse nin a pensar, que o que ve 30 e pode consultar e pedir supervisión. Ánimo a eses residentes que hoxe se manteñen firmes para intentar frear o deterioro da súa aprendizaxe, e da dos que veñen detrás!

Los comentarios están cerrados.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies