A especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Olalla López Grandal; membro do grupo de medicina rural de AGAMFEC,e a profesional de Servizos Xerais do centro, Isabel Martínez Rivas, percorreron cos seus pacientes os ata 8 quilómetros de andaina
Esta Andaina en negro polas violencias tivo lugar o domingo 25 de novembro, ás 11:00 horas, dende a praza do Concello.
O obxectivo, indican, é axuntar o exercicio físico beneficioso para a saúde e darlle visibilidade ás cuestións relativas á violencia de xénero.