O uso do galego no ámbito universitario e/ou profesional, é ás veces complexo pola terminoloxía científica propia da nosa profesión. Aínda que non hai ningún instrumento 100% valido, si que hai algunhas ferramentas útiles para facilitarnos a comunicación con compañeiros e cidadanía na nosa lingua.
Algúns recursos útiles para traballar en galego en medicina son:
- Dicionario Digalego
O Dicionario de Galego é unha plataforma web para consultar o significado de máis de 65.000 entradas de diferentes termos en galego, con etimoloxías, equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, con sinónimos, antónimos e variantes e conxugacións de verbos. - Vocabulario Galego de Medicina
Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008): Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
A meta principal deste Vocabulario é facilitar a tarefa de falar ou escribir sobre medicina en galego con calidade e precisión a quen ensina ou se forma nesta ou noutras titulacións da área das ciencias da saúde. Pero a súa repercusión desborda o ámbito universitario e é igualmente valido para o mundo profesional, xa que esta ferramenta de normativización -cun amplo repertorio de termos médicos en galego – pode contribuír á normalización e aumentar desa forma a presenza do galego na comunicación sanitaria. - DICIONARIO GALEGO DE TERMOS MÉDICOS
Reyes Oliveros, F.; C. García Gonzalez (dir.) (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística.
Trátase dun texto xeral dos termos máis usualmente utilizados no contexto sanitario e sobre todo que sirva de estímulo para empregar con maior asiduidade a linguaxe terminolóxica médico galego entre os profesionais e os pacientes. - bUSCatermos
a base de datos de terminoloxía técnica que xestiona e mantén o mesmo Servizo de Normalización Lingüística da USC. E tamén se pode levar no móbil descargando a aplicación para Android e para iOS. - Se accedes a www.agamfec.gal, poderás atopar todos os nosos contidos en galego. Entre os que cabe destacar :
- O Servizo de Normalización Lingüística da USC, ofrécenos unha interesante recompilación de Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos, a destacar en ciencias da saúde:
- Célestin, T.; X. Darras (coord.) (2012): Vocabulaire panlatin des pneumopathies professionnelles (français-català-español-galego-italiano-português-româna-english). Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.
- Bover, J. (coord.) (2011):Vocabulario multilingüe da sida (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés). Barcelona : Termcat / Rede Panlatina de Terminoloxía.
- Méndez López, I. (2009): Profesionaliza a túa lingua: podoloxía. A Coruña: Universidade da Coruña.
- Célestin, T. (coord.) (2009): Vocabulario panlatino da gripe aviaria. Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía.
- Pereiro Felípez, M. C. et alii (2008): Profesionaliza a túa lingua: fisioterapia. A Coruña: Universidade da Coruña.
- Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia (s.d.):
- Gabinete Técnico de Saúde Laboral (2008): Glosario de termos de prevención, saúde e ambiente laborais. Santiago de Compostela: Confederación Intersindical Galega.
- Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008): Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria: (galego-español-inglés). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
- VV. AA. (2007): Vocabulario básico del genoma humano [Ten equivalentes en galego.]
- VV. AA. (2006): Vocabulario panlatino de hemodinámica. Rede Panlatina de Terminoloxía / Associazione italiana per la terminologia / Istituto per il Lessico intellettuale europeo e storia delle idee. [Accesible en liña desde aquí].
- Administración da Seguridade Social (2006): Glosario de termos da Seguridade Social [en liña]
- Pérez Vázquez, L.; P. Precedo Estraviz; N. Seoane Bouzas (2005): Profesionaliza a túa lingua: enfermería/podoloxía/fisioterapia. A Coruña: Universidade da Coruña.
- Fraga García, H; R. Fraga García; A. M. Fraga Vaamonde (2004): Glosario etimolóxico de termos anatómicos. A Coruña: Galinova.
- Daviña Facal, L. (2000-): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.[Ata o de agora só publicados os volumes I (A-B) e II (C)]
- Currás Fernández, C.; A. Dosil Maceira (dir.) (1999): Diccionario de psicoloxía e educación. Santiago de Compostela: [Xunta de Galicia-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística].
- Alberola Cuñat, V. et alii (1999): Diccionario y vocabulario plurilingüe de documentación médica. Valencia: Universitat de València-Servei de Publicacions
- Mirò Balawe, J.; X. Fuentes Arderiu (1997): Diccionario castellano-catalán-euskera-gallego de bioquímica clínica. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular
- Mirò Balawe, J.; X. Fuentes Arderiu (1997): Diccionario inglés-castellano-catalán-euskera-gallego de biología y patología moleculares. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular
- Martínez Martínez, P. (1994): Vocabulario básico de radiodiagnóstico. [Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística]
- López Dobao, X. A. (1989): “Terminoloxía anatómica”. Educación en Galicia, 6, páx. 22-23
- López Dobao, X. A. (1988): “Vocabulario médico. (O ser humano. descrición e enfermidades)” en Vocabulario do medio físico. [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral de Política Lingüística, páx. 129-237
- Léxico panlatino de bioética galego-catalán-español-francés-italiano-portugués-romanés-inglés
Espero resúltenche útiles, e se coñeces algún outro , non dubides en avisarme para incluílo
Atte.
Víctor Julio Quesada Varela. Médico de Familia. EOXI Vigo.
Vocal Web AGAMFeC. – http://about.me/victorjqv
Boa parte dos recursos que aquí se citan poden consultarse por xunto a través de bUSCatermos (http://www.usc.gal/buscatermos), a base de datos de terminoloxía técnica que xestiona e mantén o mesmo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
E tamén se pode levar no móbil descargando a aplicación para Android e para iOS.
grazas, incluomolo