Coincidindo co 40 aniversario da conferencia internacional de Alma Ata, os dias 25 e 26 de outubro de 2018, en Badaxoz, celebrouse o Encontro de 2018 do PACAP buscando unha resposta á pregunta: “Está integrada a Saúde Comunitaria en Atención Primaria?”
Punto de encontro onde se expuxeron con detalle as principais experiencias comunitarias que actualmente se están levando a cabo nas distintas rexións, ademais de asistir a talleres sobre o último en promoción da saúde na Escola, Dinámicas Grupales, Formación de Axentes de Saúde, Mapeo de Activos,…
Os nosos compañeiros do Grupo PACAP Galicia participaron no Congreso PACAP de Saúde Comunitaria expoñendo a experiencia do Proxecto Salubrizate. Un proxecto completo, cheo de ingredientes e de ilusión.