Oferta de emprego para 4 médicos de familia na Bretaña Francesa

Recoñecida institución sanitaria dependente da Assurance Maladie (Seguridade Social Francesa) busca:

4 MÈDICOS ESPECIALISTAS EN MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA


Trátase dun posto indefinido a xornada completa nun complexo sanitario dependente da seguridade social francesa, especializado en xeriatría.
O complexo conta 90 camas de longa estancia, cunha estancia media de 30 días e unha ocupación media de máis do 93% (en total 450 camas entre residentes no complexo 160, camas de medicamento; longa estancia; paliativos e rehabilitación) así como un total de 27 prazas de hospital de día
Búscanse 4 médicos para desenvolver o proxecto de establecemento aprobado a principios de 2016 e que supón un incremento da actividade.
A actividade céntrase nos pacientes hospitalizados, aínda que tamén se realizan seguimentos a pacientes en Hospital de día e existe a posibilidade de realizar consultas externas en función da formación específica do candidato/a.
Non se realizan gardas de presenza física aínda que se localizadas que se reparten entre todos os médicos da institución.
Un posto en CDI (Contrato Duración Indefinida, Fixo) a xornada completa (35 horas / semana), moi boas condicións laborais (convenio da seguridade social.) así como apoio á integración desde a institución (clases de reforzo de francés, plan de acollida, etc…)
Situado en Rennes, capital da Bretaña Francesa, unha das cidades recoñecidas pola súa calidade de vida, conectada por voos directos con España vía Madrid (Iberia Express) e Barcelona (Vueling) e a un paso do mar (Vannes, Saint Malò, …) conectada por TGV con Paris en 2h 15 minutos aprox, liña de metro (segunda liña en construción) ópera…

Podes coñecer a localidade

Trátase dunha moi boa oportunidade profesional, tanto polas condicións laborais (paquete moi atractivo) como pola calidade de vida que ofrece Rennes.

Os requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dun país da UE
  • Obter o teu título de medicina e/ou de especialista en España (ou nun país da UE)
  • Ter un nivel de francés B1 (non necesario título acreditativo)

Para presentar a vosa candidatura podedes enviar o voso curriculum a:
Miguel Ponte, miguel@medecing.com, para calquera dúbida podedes contactar tamén telefonicamente ao 657 06 33 97.
Ofrécenvos ademais un acompañamento global tanto para os trámites administrativos para poder exercer en Francia como para a integración en destino (alugueres vivenda, colexios nenos, procura de traballo para a parella, etc…) o complexo sanitario ten previsto ademais incorporar médicos españois noutras especialidades (1 neurólogo e 4 médicos xerais/geriatras)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies