ENTREGA DE FIRMAS DE APOYO A LOS JEFES DE SERVICIO DE A.P. DIMITIDOS EN VIGO EN EL REGISTRO CIVIL DE OURENSE

OURENSE ENTREGA FIRMAS DE APOIO Aos XEFES DE SERVIZO DE A. P. DIMITIDOS EN VIGO NO REXISTRO CIVIL

As vocalias de A. P. urbana e rural do Colexio Médico de Ourense fixeron entrega hoxe no Rexistro Civil de Ourense das 307 firmas de apoio dos profesionais sanitarios ourensáns aos Xefes de Servizo de Atención Primaria da área de Vigo, dirixidas ao Conselleiro de Sanidade.

Estes médicos presentaron a súa dimisión hai unhas semanas, facendo visible a súa decepción e hartazgo ante a falta de cobertura asistencial, ausencia de previsión ante a necesidade de persoal médico, aumento da carga asistencial e burocrática en detrimento de a calidade asistencial, listas de espera en determinadas especialidades e probas, escaso interese pola calidade da docencia, falta de contratos estables para os novos profesionais na sanidade pública e, en definitiva falta de investimento, orzamento e proxecto na Atención Primaria.

Os asinantes entenden que esa problemática é a mesma que sofren todas as áreas de saúde de Galicia, incluída a de Ourense. E esperan da Conselleria de Sanidade respostas claras e rápidas a estas demandas para mellorar a asistencia aos pacientes e recuperar a normalidade no sector sanitario público galego.

(Fotografía de izda a dcha.: Trinidad Gamarra, vogal de médicos de atención primaria rural ICOMOu, Susana  Aldecoa, xefa servizo que dimitiu en Vigo, José Luis Jiménez, presidente ICOMOu e Carlos Menéndez, médico de familia)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies