Arrincamos a XVIII Semana sen Fume co lema “Menos paquete e máis zapatilla” e queremos animar a todas aquelas persoas fumadoras a tentar deixar de fumar, dado que esta decisión será o máis importante que poidan facer pola súa saúde, actual e futura.
Deixar de fumar agora, é saúde para hoxe e mañá.
Para concienciar á poboación necesitamos a túa colaboración. Queremos recoller datos da nosa poboación fumadora, ademais das opinións dos nosos pacientes sobre o empaquetamiento xenérico como medida eficaz para diminuír o número de menores que se inician no consumo de tabaco, o financiamento dos tratamentos farmacolóxicos do tabaquismo, as políticas de aumento de prezo ou o consumo dual de cannabis e tabaco.
Necesitamos que cada profesional sanitario participe introducindo 20 enquisas antes do 5 de maio. Podes descargar a enquisa ou introducir os datos directamente no formulario da páxina web da Semana sen fume
Entre todos os que participedes sortearemos 3 exemplares do libro Manual de exploración física, da semFYC. Tamén estará dispoñible, para todos aqueles que cumpran os requisitos, o certificado de Profesional Colaborador na Semana Sen Fume.
Grupo de Abordaxe do Tabaquismo da semFYC