Por qué ser socio da AGAMFEC/semFYC

Traballar trala facultade, os novos e vellos compañeiros, as gardas, as rotacións, as sesións clínicas, unha nova etapa da túa vida e… UNHA GRAN SOCIEDADE CIENTÍFICA: a semFYC.

Por que ser socio da AGAMFEC?

  1. É Federada da principal Sociedade Científica de Medicina Familiar e Comunitaria en España, que defende e promove o perfil profesional do Médico de Familia.
  2. Unha cuota, o dobre de servicios: pertencerás á AGAMFEC e á semFYC.
  3. Acceso a revistas de impacto: Cadernos (a nivel de Galicia) e Atención Primaria ou Comunidade (a nivel da semFYC).
  4. Suscripción ventaxosa á revista AMF, medio de formación continuada da semFYC.
  5. Acceso aberto a AMFsocios!!
  6. As nosas Xornadas de Residentes,  que che permitirán seguir formándote e iniciar o teu currículum investigador.
  7. Acceso ao programa semfyc con R , un programa de formación gratuito para residentes de medicina familiar e comunitaria
  8. Descontos no resto dos Congresos e Xornadas de AGAMFEC e da semFYC.
  9. Facilidade de adquisición de obras do catálogo semFYC, o máis importante para o desenvolvemento da nosa Especialidade.
  10. Descontos en cursos de Formación como socio de semFYC e AGAMFEC
  11. Información Internacional de Medicina de Familia, con actividades para residentes
  12. Incluida póliza colectiva de accidentes de 2.000€ con PSN Seguros (Telf. Oficina 981958295)
  13. Participación do coñecemento xerado polos grupos de traballo e programas da AGAMFEC, esperando a túa implicación nos mesmos.

Descubre as

Vantaxes económicas de ser socio
Vantaxes de ser socio semFYC

Se queres pertencer á AGAMFEC/semFYC podes encher o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN

FAITE SOCIO, se queres sentirte parte dunha ASOCIACIÓN para mellora-la labor profesional e comunitaria, coa última información e actualización.
Tes dúbidas? Pregúntanos en www.agamfec.com/contacte-con-agamfec

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies