Traballar trala facultade, os novos e vellos compañeiros, as gardas, as rotacións, as sesións clínicas, unha nova etapa da túa vida e… UNHA GRAN SOCIEDADE CIENTÍFICA: a semFYC.
Por que ser socio da AGAMFEC?
- É Federada da principal Sociedade Científica de Medicina Familiar e Comunitaria en España, que defende e promove o perfil profesional do Médico de Familia.
- Unha cuota, o dobre de servicios: pertencerás á AGAMFEC e á semFYC.
- Acceso a revistas de impacto: Cadernos (a nivel de Galicia) e Atención Primaria ou Comunidade (a nivel da semFYC).
- Suscripción ventaxosa á revista AMF, medio de formación continuada da semFYC.
- Acceso aberto a AMFsocios!!
- As nosas Xornadas de Residentes, que che permitirán seguir formándote e iniciar o teu currículum investigador.
- Acceso ao programa semfyc con R , un programa de formación gratuito para residentes de medicina familiar e comunitaria
- Descontos no resto dos Congresos e Xornadas de AGAMFEC e da semFYC.
- Facilidade de adquisición de obras do catálogo semFYC, o máis importante para o desenvolvemento da nosa Especialidade.
- Descontos en cursos de Formación como socio de semFYC e AGAMFEC
- Información Internacional de Medicina de Familia, con actividades para residentes
- Incluida póliza colectiva de accidentes de 2.000€ con PSN Seguros (Telf. Oficina 981958295)
- Participación do coñecemento xerado polos grupos de traballo e programas da AGAMFEC, esperando a túa implicación nos mesmos.
Descubre as
– Vantaxes económicas de ser socio
–Vantaxes de ser socio semFYC
Se queres pertencer á AGAMFEC/semFYC podes encher o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN