Grazas á xenerosa doazón da Asociación Chinesa de Taipei de Medicina de Familia a WONCA, convócase este premio de investigación que consta de tres en realidade, cada un deles de 1,000 $, que se outorgarán a tres novos investigadores emerxentes para viaxar a Taiwán para presentar o seu traballo no Congreso WONCA Rexión Asia-Pacífico 2015, que se celebrará en Taipei os días 4 e 8 de Marzo.
Criterios de selección:
- Ser un investigador junior: aquel que non teña máis de 5 publicacións revisadas por pares.
- O investigador debe ser un médico de familia clínico.
- O tema de investigación debe estar relacionado coa atención primaria.
- O candidato debe presentar un artigo completo para optar ao premio. O mesmo pode ser enviado para a súa publicación, pero non estar aínda publicado.
- As solicitudes non se limitan aos médicos da rexión de Asia Pacífico.
- A selección basearase no mérito científico e o impacto potencial dos resultados nos pacientes.
¿Como solicitalo?
As solicitudes deben ser enviadas por correo electrónico á Secretaría da WONCA (manager@wonca.net).
A solicitude consiste no traballo de investigación e unha carta de presentación que demostre que o candidato cumpre cos criterios de adjudicación.
Data límite para a presentación: 28 de Novembro de 2014.
Resultados: Os gañadores daranse a coñecer o 31 de Decembro de 2014.