Estamos a vivir nos centros de saúde, entre os profesionais, na sociedade, un intenso debate sobre onde está Atención Primaria, a onde vai se seguimos así e a onde queremos que vaia.
En AGAMFEC ti es o protagonista e queremos saber como crees que podemos mellorar a Atención Primaria, por iso, é importante que compartas connosco como foi a túa experiencia e cales son as túas propostas, cunha sinxela enquisa anónima que non levará máis de 2 minutos. Unha vez finalizada, todas as opinións compartidas serán analizadas, e publicaremos os resultados nesta web e redes sociais.
Podes Acceder á enquisa pulsando aquí
Presentámosvos os puntos básicos propostos nas reunións de Médicos de Atención Primaria destes días, e preguntámosche, para cada un, que actuacións necesitamos para conseguilos.
Queremos recoller as achegas de todos para construír unha voz con moitas voces.
Non esquezas compartir o cuestionario cos teus compañeiros e nas túas redes sociais. A túa opinión importa.
Se queres contactar connosco, podes facelo a través do formulario que atoparás no menú da nosa web: “Contacta connosco“.