Hai unhas semanas compartiamos o Decálogo sénior de coidados para o benestar persoal en tempos como o que estamos a vivir de emerxencia sanitaria pola COVID-19. En moitas ocasións, os coidadores cumpren un papel fundamental nese benestar e por iso hoxe achegamos estas Recomendacións para os coidadores cara persoas maiores en situación de illamento, oito simples pautas a seguir no día a día que poden axudar a que sexa máis levadeira a situación. Pero nesta tarefa a saúde dos coidadores tamén é de vital imporatncia e, por iso, compartimos tamén as Recomendacións se coidas a persoas maiores nunha situación de confinamento.
Recomendacións para os coidadores cara persoas maiores en situación de illamento
- Intente crear e manter un ambiente sereno, manter un ton positivo e cariñoso. Tranquilízao sobre o teu estado e o das persoas que lle importan.
- A música axuda a crear un bo ambiente.
- A rutina diaria é importante. Anímao a participar na rutina diaria dos coidados persoais, pregúntalle sobre os seus gustos…
- Todos os días algo de exercicio e ventilación, asomarse polas fiestras ou balcóns.
- Asegúrese de que come ben e ten os seus medicamentos. Comer en compañía na medida do posible. Podería valorarse un menú especial ocasional.
- Asegúrese de que ten preto fotos ou algo persoal, proporciona notas de voz a través de WhatsApp… Faillas chegar preto do momento das comidas e da toma de medicamentos.
- O entretemento en grupo tamén é importante. Compartir vivencias e inquedanzas, escoitar e responder ás preguntas expostas. Lémbralle a súa forza para afrontar situacións do pasado.
- Invítao a involucrarse nos aplausos comunitarios no balcón e participar noutras actividades que se poñan en marcha.
Recomendacións se coidas a persoas maiores nunha situación de confinamento
- Mantén as rutinas. Horas de traballo, actividades persoais e descansos diarios.
- Fai exercicio.
- Participa nas actividades de entretemento habituais da residencia coa mente aberta e goza.
- Coida a túa medicación e fai unha dieta correcta. Non esquezas incluír algo especial no menú de cando en vez.
- Se algunha das persoas fai preguntas ou está preocupada, responde con mensaxes sinxelas, tranquilizadoras e prácticas.
- Asegúrese de que o ambiente sexa tranquilo e o mesmo se podes ir á túa casa. A música sempre é un bo aliado, unha película, escoitar programas de entretemento na radio ou comunicarse con xente coñecida axuda a gozar de bos momentos. Evite a saturación de mensaxes e programas de TV en relación á COVID-19.
- Saír a tomar o aire pola fiestra ou o balcón é saudable e axuda a manter o contacto co exterior.
- Lembre que o humor e a expresión de afecto son bos aliados para un bo día a día.
- Coida de ti, comparte con outros coidadores, fala cos amigos, reserva tempo para ti e pide axuda se o necesitas. O teu benestar garante á persoa que coidas.