Desde a Vogalía presentámosvos as Sesións da Rede de Residentes AGAMFEC.
As sesións clínicas son unha ferramenta de formación personal e profesional, que permiten a adquisición de competencias e a actualización científica. O noso obxectivo é xerar un espazo para residentes onde poidamos coñecernos e formarnos de maneira continuada e con calidade.
As sesións serán en directo a través da plataforma Zoom, o último martes de cada mes ás 20:00h, cunha duración aproximada dunha hora (30’ de sesión e 30’ para preguntas e debate). Posteriormente estarán dispoñíbeis na Aula Virtual.
Para participar tes que rexistrarte no enlace de cada sesión. Priorizarase a asistencia de residentes e titoras no caso de alcanzar o máximo de persoas que a plataforma permite por sesión.
Trátase de unha actividade de balde para socias.
Ademais, desde AGAMFEC queremos recoñecer a vosa asistencia, polo que cada sesión na que participedes en directo certificarase cun diploma de asistencia. Non se emitirán diplomas de asistencia pola simple visualización dos vídeos.
Se estades interesadas en ser as ponentes dalgunha sesión, cubride a enquisa para participar e responderémosvos coa maior brevidade posíbel. As ponentes tamén recibirán un certificado que acredite a actividade.
Aprendamos todas de todas. ¡¡AGARDÁMOSVOS!!