Baixo o lema “Medicina de Familia e comunidade: investigación sobre servizos de saúde, melloras de calidade e formación” do 17 ao 19 de Outubro tivo lugar a oitoxésimonovena reunión do EGPRN, un grupo de referencia na investigación en Atención Primaria, na cidade de Vigo. A reunión máis importante de investigadores neste ámbito que se leva a cabo en España. E coa participación e o impulso de AGAMFEC e REAP fixemos posible que neste recuncho do mundo se levase a cabo un evento internacional desta magnitude
Comezamos sen comenzar ainda o xoves con obradoiros de probas diagnósticas, determinantes sociais e COMUNITARIA con maiúsculas, organizado polas compañeiras de REAP
Esta reunión comezou oficialmente, trala apertura de Davorina Petek e a benvida de Ana Clavería, con unha exposición de Anne MacFarlane, profesora da Universidade de Limerick, que nos falou de Participación Comunitaria
Sería excesivamente longo tratar tan só de enumerar tódalas actividades que se levaron a cabo: comunicacións (máis de 90, un 20% de profesionais galegos), obradoiros, exposicións, debates e por suposto a nosa “Habilifeira” co éxito habitual.
Pechou Jordi Varela, médico de familia i experto en xestión sanitaria, a quen podedes serguir no seu blogue e que foi tan amable de deixarnos a súa presentación
Gustaríanos agradecer ao comité organizador i en especial a Ana Clavería, a alma mater desta reunión
Podedes ver todas as fotos do evento no noso facebook
Nova na web da WONCA
En breves estarán dispoñibles as presentacións en streaming