Un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar contra o consumo do tabaco e todos os problemas de saúde que están asociados ao mesmo.
A iniciativa está dirixida tanto a médicos e médicas como a pacientes para fomentar de maneira coordinada a loita contra o tabaquismo e a prevención dos problemas que trae consigo.
Este 2025 a semana chega á súa XXVI edición baixo o lema “Ni fumo ni vapeo, mi salud es un trofeo” para animar a todas aquelas persoas fumadoras a intentar deixar de fumar, dado que esta decisión será a máis importante que poidan tomar pola súa saúde, actual e futura.
A semFYC pide a túa colaboración para deseñar accións que sexan efectivas e recoller datos relevantes da poboación fumadora.
Ata o 25 de abril podes completar a enquisa neste formulario online ou na páxina web da Semana Sen Fume semanasinhumo.es onde tamén tedes dispoñibles os MATERIAIS para descargar e os resultados da enquisa do ano pasado.
Neste enlace podes descargar tamén o CARTEL EN GALEGO