Que é Agamfec?

AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos.

AGAMFEC busca sumar esforzos e ilusións. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsabilidade no proceso de mellora e modernización da nosa sanidade.

A AGAMFEC quere xogar un papel fundamental no desenvolvemento da Medicina de Familia e Comunitaria e da Atención Primaria en Galicia, aglutinando aos especialistas en MFC e demais profesionais de Atención Primaria do noso país, e asumindo a súa defensa e representación.

AGAMFEC está dirixida por unha Xunta Directiva renovable cada dous anos. Articúlase en Seccións (Docencia, Investigación, PAPPS, Prensa e Relacións coa semFYC) e Grupos de Traballo, coa pretensión de canalizar a máxima participación dos seus asociados.

AGAMFEC está integrada na estructura federal da semFYC, sociedade que agrupa ás 17 sociedades autonómicas do estado, constituíndo a sociedade científica médica de maior actividade e implantación, chegando na actualidade (decembro do 2005) a reunir a máis de 17.000 profesionais de todo o estado español.

 

Cáles son os fins da AGAMFEC?

  • Promocionar e fomentar o progreso da medicina de familia e comunitaria, e da Atención Primaria, divulgando e impulsando os coñecementos da especialidade e os seus principios.
  • Representar os intereses dos seus membros no marco das leis e ante os organismos das Administracións Públicas Sanitarias e docentes e outros órganos ou entidades nacionais e internacionais públicos ou privados.
  • Servir de órgano informativo respecto das funcións e fins da especialidade, e realizar cantas tarefas se lle encomenden, colaborando con entidades públicas ou particulares mediante elaboración de estudios, informes ou propostas.
  • Procurar a armonía dos especialistas e asociados, organizar actividades de carácter profesional, de investigación, formativo, cultural ou asistencial co fin de acadar os obxectivos anteriores en colaboracion coas administracións públicas, centros de saúde, hospitais, Colexios de Médicos, Facultades de Medicina e demais sociedades científicas.
  • Fomentar e procurar a participación de todos os asociados nas distintas actividades e tarefas da Asociación, a fin de conseguir o mellor cumprimento destes obxectivos.

Qué ofrece a AGAMFEC aos seus asociados?

  • A mellora profesional a través das distintas actividades é o maior beneficio que o socio pode conseguir da agamFEC. Esto pode lograrse a través de:
  • Actividades de formación continuada nas que o socio participa (congresos, debates, cursos…) tanto en calidade de asistente como de ponente.
  • Fomentando a investigación, potenciada a través dos congresos anuais da AGAMFEC, a través de apoio metodolóxico, convocatorias de becas…
  • Favorecendo a participación e o intercambio de experiencias entre os socios por medio dos Grupos de Traballo e outros foros que se constituan.
  • Proporcionando material científico e publicacións elaboradas e editadas pola AGAMFECe a semFYC. Actualmente os socios da AGAMFEC reciben de xeito gratuito nos seus domicilios as seguintes publicacións periódicas:
    • Cadernos de Atención Primaria
    • Atención Primaria

Quén pode asociarse á AGAMFEC?

Poden ser socios da AGAMFEC todos os médicos que traballen ou estean relacionados coa Atención Primaria de Saúde e que realicen o seu traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sexan ou non especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, e que estean dacordo cos obxectivos que a Asociación persigue.

Para ser socio da semFYC hai que selo necesariamente a través de algunha sociedade autonómica federada. Todos os asociados da AGAMFEC son, polo tanto, tamén socios da semFYC.

Os membros da Asociación teñen os seguintes dereitos:

  • Ostentar a calidade de membro e asistir ás sesións que a Asamblea Xeral celebre.
  • Participar nas actividades e actos da Asociación.
  • Ser candidato nas eleccións para órganos da Asociación.
  • Ser informado das actividades e planos da Asociación.

Os residentes da especialidade de Medicina de Familia e Comunitaria poden ser socios da AGAMFECde maneira gratuita durante o primeiro ano de asociados.

Para contribuir á mellora da Atención Primaria en Galicia:

ASÓCIATE A AGAMFEC
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies