A Fundación para a Formación da Organización Médica Colexial, en asociación con Spandoc, pon en marcha cada ano unha nova edición do Curso de Medicina en Inglés Spanish Doctors, dirixido a todos os médicos que queiran mellorar a súa capacidade de comunicación en inglés no seu ámbito profesional.
O curso conta coa Acreditación da Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidad de Madrid (con validez en todo o territorio nacional).
A inscrición ao Volume 1 a través da AGAMFeC benefíciase dun prezo reducido de 260 € (tarifa ordinaria de 360€). Consulta os pasos para obter o desconto, na tu area de socio.
O curso comeza cada ano en outubro, aínda que a súa flexibilidade permite incorporarse en calquera momento (canto antes mellor), polo que a inscrición está aberta ata o 30 de abril do ano seguinte. Ver opcións de incorporación aquí.