Curso de actualización en Uroloxía para Atención Primaria
Curso de actualización en Uroloxía para Atención Primaria
Curso de actualización en Uroloxía para Atención Primaria
A AGAMFEC ven de participar nunhas Xornadas sobre Hiperplasia Benigna de Próstata dirixida aos Profesionais da Atención Primaria e ós Urólogos da Área de Santiago de Compostela. Esta Xornada (impartida o xoves 16 e 23 deste mes de outubro) permitiu buscar uns consensos cos Urólogos para intentar acadar unha actividade asistencial máis organizada e coordinada co servicio de Uroloxía do CHUS.
A idea básica foi crear algoritmos claros, sinxelos na aplicación no ámbito da atención primaria que, aínda que non abarcan tódolos casos que se presentan na consulta, pretende ser unha guía para facilitar o traballo diario do médico de atención primaria.