Compartimos as intervencións da nosa compañeira Mercedes Hernández no espazo Salubrízate, que ten lugar cada venres, ás 12.40 horas, no programa Hoy por Hoy de Radio Ourense.
Ao longo destas últimas entregas, Mercedes contou con varios invitados, como Félix Ruibal, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; ou María, voluntaria de acompañamento a persoas en soidade. Tamén falou das recomendacións para este Nadal, das vacinas da covid-19, da soidade que senten o 33% das persoas que viven soas en Ourense, e moito máis.
Todo, co punto de vista máis importante e preciso nestes intres tan convulsos: o enfoque cara a saúde comunitaria, que é, principalmente, o que move ao programa Salubrízate.