O vindeiro xoves 7 de abril celébrase o Seminario presencial APDAY 2022 · Vigo, no Palacio de Congresos Mar de Vigo. (Avda. de Beiramar 59).
APDAY on- line é unha revisión de máis de 23 competencias clínicas e non clínicas, divididas nuns 90 módulos. Na elaboración dos contidos participan os GDT de semFYC e das federadas.
O obxectivo do programa é a actualización dos principais contidos da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria aplicables á práctica clínica diaria. Ten unha duración de 3 anos e está vinculado á recertificación (obtendo a acreditación de todos os bloques nun ciclo de 3 anos conseguiríanse os puntos referidos a créditos CFC da recertificación).
Cada ano publícanse uns 30 módulos, 15 aproximadamente por semestre, coa súa correspondente acreditación.
Nas tres edicións anteriores (2019, 2020 e 2021) máis de 7.500 profesionais formáronse en APDAY.