Xornada Local sobre Violencia de Xénero
Baiona 24 de novembro de 2016. Parador Conde de Gondomar
A violencia contra a muller é un problema de saúde pública e de dereitos humanos.
Somos profesionais de Atención Primaria e grazas ao noso achegamento á poboación, atención lonxitudinal no tempo e a facilidade para actuar de xeito coordinado con outros servizos, atopámonos nun lugar privilexiado para detectala.
Dispomos de directrices de actuación no ámbito sanitario que orientan as nosas actuacións e debemos de ter a capacidade para identificar os sinais propios destas situacións e responder de maneira adecuada e segura.
A nosa compañeira Dona Rosana Izquierdo Fernández. Médica de Familia do Centro de Saúde de Coruxo e Coordinadora do Grupo de traballo sobre Violencia de xénero falara sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO SANITARIO
O programa consta dos seguintes obradoiros
- Obradoiro A: A necesidade da perspectiva de xénero como liña transversal na intervención no ámbito social. Dona Julia García Álvarez. Coordinadora Técnica do Programa Municipal de atención a mulleres en situación de Violencia de xénero do Concello de Fuenlabrada.
- Obradoiro B: Violencia de Xénero: Boas Prácticas no ámbito xurídico. Dona Mª Paz Filgueira Paz. Maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo.
- Obradoiro C: Violencia de Xénero no ámbito sanitario. Dona Rosana Izquierdo Fernández. Médica de Familia do Centro de Saúde de Coruxo e Coordinadora do Grupo de traballo sobre Violencia de xénero na Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria
Inscrición Xornada Local sobre Violencia de Xénero
- Vía e-mail: xornadasbaiona.24n@gmail.com
- Centro Municipal de Información á Muller de Baiona
- Chamando aos teléfonos: 986377794 ou 986 357554