O pasado 29 de Abril de 2016, celebráronse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense as XVIII Xornadas para Residentes e V para Xóvenes Médicos de Familia AGAMFEC. Unhas Xornadas cheas de Ciencia e sobre todo práctica así como debates sobre o futuro e presente da Medicina de Familia en Galicia. Puidemos aprender a preparar un carro de parada, a manexar a vía aérea e a enfrontarnos ás principais arritmias no contexto dunha parada, así como a manexar técnicas como as vías periféricas, osixenoterapia, sondaxes vesicais e nasogástricos, así como as principais ferramentas para as feridas agudas e crónicas. Tamén puidemos aprender a manexar as principais cefaleas en Atención Primaria, así como, ao paciente difícil e a resolver situacións complicadas do día a día. Todo iso, non seria posible sen a inestimable axuda, entrega e motivación dos relatores, Jose Antonio Gregorio e Diego Terceiro (encontro Debate), Fernando Souto, Jose Luís Melgar e Ursino Veloso do Grupo de Urxencias, Montse Cendán e Patricia Viñán de AGEFEC, así como Roberto do Grupo de Comunicación e Daniel Apolinar , Neurólogo do CHOU. O noso agradecemento máis sincero a cada un deles, que permiten ano a ano co seu traballo e dedicación que todo isto sexa posible.
Tamén, gustaríanos dar un enorme grazas a todos os asistentes, sen vós e sen a vosa participación, nada do que facemos tería sentido. Esperamos que vos fora de moitísima utilidade e sobre todo tomamos nota de todo o que suxeristes para próximas edicións. Grazas de novo por estar aí e esperámosvos nas próximas Xornadas.
E por suposto, Grazas a todo o Comité Organizador, Silvia, Laura, Diego, Carmen e Irene por todo o traballo, horas de chat e apoio para que todo se puidése levar a cabo, así como a Victor, o noso vocal Web por facer sempre máis fácil o máis difícil.
Vémonos nas próximas Xornadas !!!!
Teresa Diéguez García
Vocal de Residentes AGAMFEC.
preme nas imaxes para velas a tamaño completo
Noraboa por as xornadas! Moi productivos os temas escollidos e moi ben organizado.
Ola tania, grazas por comentar, calqueira suxerencia de mellora é benvida. Saudos