Comenzou cunha calada…acabou cunha vida.
Como cada ano, e xa van 16, a semana sen fume se desenvolveu como unha actividade comunitaria que contribue á concienciación social, incluindo a dos propios profesionales sanitarios, da necesidade de empregar todas as accións posibles que supoñan disminuir a taxa de tabaquismo no noso entorno.
Ainda fuma un 24% da poboación en España, e como consecuencia falecen 55.000 persoas cada ano por enfermidades relacionadas directamente co tabaco. Se calcula que entre 2000 e 3000 morren polo tabaquismo pasivo.
O Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo (CNPT) DEFENDE QUE O Convenio Marco do Control do Tabaquismo (CMCT), auspiciado pola OMS e ratificado xa por moitos estados, entre eles o español, se cumpla sen máis dilacións.
Entre as estratexias que teñen demostrado a súa efectividade están o aumento do prezo do tabaco, o envasado xenérico, o maior nº de espazos libres do fume de tabaco coma os coches, a loita contra o o tabaco ilegal, e as medidas para axudar, aos que ainda fuman, para que abandonen o tabaco.
Se calcula que o 11.3% dos cigarros consumidos en España son “ilegais”, e habitual que incluso veñan sen as advertencias sobre a súa capacidade de enfemidade e morte. Esta situación aumenta en ate máis do 40% en Andalucia e Extremadura. E as empresas tabaqueiras son arte e parte, xa que as ganancias, ainda que sexa o precio máis barato, aumentan. O estado español deixa de recaudar 1.300 millóns de euros cada ano. Esta cantidade ocasionaría un gran beneficio a cidadania si se dedicara a aumentar o nivel dos servizos públicos.
Dr. Xulio Castañal Canto
Membro do GRUPO DE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS E ABORDAXE Ó TABAQUISMO da AGAMFeC
Contacto: respiratorio@agamfec.com