XVIII edición do Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña

O Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña tornouse  nun vehículo para a testemuña e a denuncia da situación na que se atopan as poboacions máis desfavorecidas do planeta. O prazo de presentación de fotografías para esta edición remata 0 9 de novembro de 2014.

Médicos do Mundo convoca anualmente O Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña en lembranza de Luis Valtueña, Flors Sirera, Manuel Madrazo e Mercedes Navarro, cooperantes de Médicos do Mundo asasinados en Ruanda en 1997 e Bosnia en 1995 cando traballaban en proxectos de acción humanitaria. Luis Valtueña era fotógrafo de profesión e en España traballaba como reporteiro na Axencia Cover, motivo polo que  este premio leva o seu nome.

-Este importe servirá para cubri-los gastos necesarios para realizar un reportaxe fotográfico que será definido por Médicos do Mundo xunto o fotógrafo/a gañador/a.

No certamen poden participar fotógrafos/as aficionados/as e profesionais maiores de idade de todas as nacionalidades. As fotografías deben abordar a acción humanitaria, a cooperación internacional e/ou exclusión social (violación dos dereitos humanos, conflitos armados, desastres naturais, refuxiados e poboacións de inmigrantes).

Tamén podes enviar imaxes que reflictan os esforzos de solidariedade para construír un mundo máis xusto.

Cada participante ten a oportunidade de presentar ata dez fotografías tomadas entre xaneiro de 2012 e outubro de 2014.

Consulta as bases completas do Premio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies