XX Roteiro AGAMFEC: Ruta do Morrazo

15 de Agosto de 2021

Data: 15 de Agosto de 2021

Hora de encontro: 10:00 horas

Punto de encontro: Aparcadoiro de terra da praia de Nerga. https://goo.gl/maps/17hxXMXKAUWxLWz19 

Recorrido: Praia de Nerga → Praia de Viñó → Praia de Barra → Praia de Melide→ Faros de Cabo Home → Donón → O Facho → Donón → Praia de Nerga.

Distancia: aprox. 15 km

Perfil altitudinal: Ao nivel do mar. 

Grado de dificultade: Medio.

Imprescindibles:

·      Calzado cómodo

·      Auga ou líquidos abundantes

·      Bocata ou comida

Tamén se pode traer bañador para unha mergullada nas praias.

Sobre a ruta

Comezaremos a ruta camiñando a praia de Nerga, de 700 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, primeira das tres praias desta zona, todas elas de area blanca e fina e que pertenecen  o Espacio Natural protegido Costa da Vela e a Red Natura 2000.

Cruzaremos un pequeño camiño que nos conducirá a praia de Viñó, a máis pequena das tres, pero igual de espectacular, para chegar finalmente o increibel arenal da praia de Barra, praia nudista por excelencia do Morrazo e posibelmente a maior de Galicia, que conta cunha duna e un pinar únicos de aproximadamente 750 metros de lonxitude.

O final da mesma chegaremos a un camiño de terra polo que avanzaremos entre eucaliptos para chegar ata o pinar da praia de Melide, ambiente espectacular cun arenal de 240 metros de largo e 40 metros de ancho con vistas ás Illas Cies, onde visitaremos o entorno e os diferentes faros (Punta Subrido, Punta Robaleira e Cabo Home). 

Despois dirixiremonos por un estreito camiño de terra que recorre o inicio da Costa da Vela, un acantilado de pedra e pinos dende o que veremos todo o litoral desde Cies ata Ons co mar aberto na fronte. 

Chegaremos a vila de Donón coa súa famosa escultura da caracola dende onde subiremos ó monte de Facho para disfrutar dunha vista que abarca dende a vila de A Garda ó sur ata a entrada da ría de Vilagarcía ó norte. 

Dende alí tomaremos camiño de volta a través do pinar de Barra de volta ás praias de partida.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies