PROGRAMA ACTUALIZADO

VENRES 17

16:30-17:00h: Acollida e acomodación.

17:00-18:00h: OBRADOIRO. Escoitando ás mulleres, impartido por Rosana Izquierdo Fernández, Cátia Sofia Lages Jorge Timóteo e Angélica Marino Gil, integrantes do Grupo de Traballo de Violencia de Xénero. Coa colaboración do grupo de Teatro de Cambados: “Teatro no Garaxe”

A Violencia de Xénero está recoñecida como unha violación dos dereitos humanos e un problema de saúde pública pola súa magnitude, gravedade e as súas repercusións para a saúde das mulleres e o seu entorno familiar e social. Na Atención Primaria atopámonos nun lugar privilexiado para detectar, rexistrar, intervir e acompañar ás mulleres que a sofren. Neste congreso imos compartir un taller onde escoitalas en diferentes situacións e reflexionar conxuntamente para poder ofrecer unha resposta adecuada e segura. 

18:00-18:15h: Pausa.

18:15-19:15h: OBRADOIRO. Volvamos a falar da dor, impartido por Gabriel Romero de Ávila Cabezón e María Ángeles González Sabajanes, coordinadoras do Grupo de Traballo de Atención á Dor.

Tras meses de confinamento e restricións á mobilidade, con citas de seguimento anuladas e unha accesibilidade moi escasa ás consultas médicas, os pacientes con dor empeoraron notablemente. Pero, somos conscientes diso como profesionais? E que podemos facer para remedialo? Este será o tema para abordar nun encontro participativo e dialogado no que botaremos unha ollada nova a unha das patoloxías máis antigas que existen.

19:15-19:30h: Pausa.

19:30-21:00h: DEBATE: “Conectad@s. Construíndo xuntas o futuro da Atención Primaria”

  • Moderadora: Covadonga Peremarch Palomares, socióloga e especialista en igualdade de xénero.
  • Carlos Eirea Eiras, médico especialista de Medicina Familiar e Comunitaria no C.S. Bueu e vicepresidente da AGAMFEC.
  • Belen Gonzalez Martinez, enfermeira especialista en Familia e Comunitaria no C.S. Xinzo de Limia, titora de EIR, membro da AGEFEC e integrante do grupo de traballo Nursing now challenger’s Comittee.
  • Isabel Ferreira Somoza, PSX no PAC Terra de Montes e presidenta da APSX Sergas.
  • Gema Garcimartín García, traballadora social sanitaria no C.S. O Grove.

22:00: CEA OPTATIVA. No Galicia Palace 38 euros (consulta o menú)

SÁBADO 18

09:00-10:30h: DEFENSA DE COMUNICACIÓNS.

10:30-10:45h: Pausa.

10:45-12:15h: MESA. CONECTAD@S COA TECNOLOXÍA

  • Moderador: Daniel de Bernardo, secretario da AGAMFEC e responsable das redes sociais da asociación.
  • Jorge Prado Casal, xefe de servizo de protección de datos e xestión do servizo de tecnoloxías da información e delegado de protección de datos do sistema público de saúde de Galicia.
  • Gerardo García Freijeiro, médico especialista de Medicina Familiar e Comunitaria no PAC de Santiago de Compostela e integrante do grupo de Novas Tecnoloxías da AGAMFEC.
  • Miguel Angel Castro Fernández, activo comunitario con actividade profesional en proxectos de desenvolvemento de TIC.

12:15-12:30h: Pausa.

12:30-14:00h: ASAMBLEA AGAMFEC.

14:00-14:30 h: ENTREGA DE PREMIOS, coordinada por Maria José Fernández Domínguez, especialista de Medicina Familiar e Comunitaria no C.S. Leiro, presidenta do Comité Científico.

TARDE OPTATIVA: Ruta saudable polo Río Lérez.

COTAS ACTUALIZADAS

Residente socio/a AGAMFEC 30 euros

Residente non socio/a AGAMFEC 40 euros

Socio/a senior AGAMFEC 50 euros

Outros/as inscritos/as ( non residentes nin socios/as)  70 euros

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies