Ante a epidemia por virus Zika na Rexión das Américas, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e as Comunidades Autónomas, estableceu unha vixilancia de casos de enfermidade por virus Zika.
No ano 2017 e ata a data, notificáronse sete casos confirmados de infección por virus Zika (cinco na Comunidade Autónoma de Madrid, un en Cataluña e un en Cantabria). Seis son casos importados e un é un caso de Zika congénito cuxa nai se infectou en zona de risco.
Desde o inicio da epidemia en 2015 notificáronse á Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica 319 casos confirmados de infección por virus Zika, todos eles detectados en persoas procedentes ou que visitaran países afectados, salvo dous casos autóctonos de transmisión por vía sexual.
Fonte :MSSSI
Última actualización: 17 de abril de 2017
Imagen: This image is a work of the Centers for Disease Control and Prevention, part of the United States Department of Health and Human Services, taken or made as part of an employee’s official duties. As a work of the U.S. federal government, the image is in the public domain.