violencia de xénero

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA ÁS MULLERES

Pasa outro ano e non deixamos de asustarnos por todo o que nos falta por camiñar na erradicación da violencia ás mulleres en España. Non podemos mirar as cifras sen tremer. De acordo co boletín estatístico mensual de setembro de 2023 da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero a 30 de setembro deste ano contabamos con 81.319 de casos activos de violencia de xénero en España, 49.634 do cales son mulleres con protección policial. Este ano son xa 52 as mulleres que morreron nas mans da súa parella ou exparella e 51 o número de orfos con menos de 18 anos. Asústannos as cifras, asústanos saber que isto é a punta do iceberg e asústanos pensar na cantidade de mulleres que se ven prisioneiras en relacións que as asfixian e senten que non teñen unha persoa coa cal desafogarse e na cal apoiarse. E que podemos facer perante un sentimento tan abafador? Como médicas e médicos de família podemos e debemos xunto cos restantes profesionais que compoñen a Atención Primaria (enfermeiras, matronas, pediatras, traballadores sociais, entre outros) garantir que cada centro de saúde é para a sua comunidade un Punto Violeta, ou sexa, que é un espazo seguro ao cal acudir para procurar acompañamento e apoio se vives unha situación de violencia de xénero e tamén se procuras información sobre como actuar no caso de testemuñar unha situación neste ámbito. A violencia de xénero é un problema de saúde pública con consecuencias para a saúde das nosas pacientes. Sospeitalo e preguntalo é esencial. Non xulgar, acompañar e derivar sen abandonar tamén.

 

 

Que este 25 de novembro deixemos claro ás mulleres que estamos con elas. Con todas e cada unha. Hoxe e sempre.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies