AGAMFEC no días das Enfermidades Raras

Un ano máis celébrase o día das Enfermidades Raras ou minoritarias. Nesta ocasión ten que ser o 28 de febrero pero o  propio é o 29 de febreiro, que como ben sabedes aparece cada 4 anos.

As Enfermidades Raras afectan a menos de 5 persoas por cada 10.000 habitantes. Son pouco frecuentes e menos coñecidas pero calcúlase que hai máis de 7.000 destas enfermidades descritas, o que significa que afecta a moitísima xente; e pódese pensar que precísanse grandísimos especialistas para o seu seguimento ou  profesionais cun manexo frecuente daquelo que os demáis sanitarios non vemos  nunca.

Que facemos entón os médicos de familia falando das persoas con enfermidades raras? A resposta é sinxela. Cando lles preguntamos aos pacientes, que son os verdadeiros protagonistas deste día, cales son as súas necesidades a resposta máis frecuente é que necesitan ACOMPAÑAMENTO. Eles saben que moitas destas enfermidades non teñen unha cura definitiva. Na meirande parte dos casos poden ter tratamiento ou cuidados que poden mellorar a súa calidade de vida e para iso precisan dunha  morea de consultas a distintos especialistas.

¿Quén mellor, por tanto, que un médico de familia para acompañar e coordinar a atención e seguimento destes doentes?

Non deixan de ser enfermos crónicos, como os demáis, pero con necesidades especiais que precisan  unha boa coordinación dos seus coidados. E  temos ferramentas para coñecer ben as súas peculiaridades e manexo. Cada un de nós, médicos de familia, podemos ter asignadas alo  menos  10 persoas destas características no noso cupo.

Acompañémolos! Estudémolos! Necesítannos  coma os demáis e non podemos discriminalos. O día de hoxe é importante para visualizalos ante a sociedade, pero tamén para que os profesionais tomemos conciencia da súa verdadeira reivindicación: Ter alguén en quén confiar: O seu médico de familia.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies