A interminable loita pola visibilidade

Condiciona o machismo intrínseco da nosa sociedade a nosa conduta como profesionais sanitarios? Debemos utilizar os lentes violetas na  consulta?

Estas son reflexións importantes á hora de traballar para proporcionar equidade nos coidados de saúde que prestamos á nosa comunidade, á que a resposta non é outra que: “ Si, rotundamente sí ”.

É importante lembrar que as médicas e os médicos somos persoas que integramos unha sociedade que, por moito que teña evolucionado, segue sendo patriarcal e heteronormativa. Arrastramos prexuízos da sociedade na cal nos inserimos. Ser consciente disto permítenos desenvolver unha abordaxe máis xusta no noso traballo profesional.

Condiciónanos á hora de detectar situacións de maltrato entre as nosas pacientes e de realizar un acompañamento adecuado segundo as súas necesidades.

Sabemos que o principal factor de risco para sufrir violencia de xénero é ser muller. Sabemos que as mulleres poden vivir anos (e vidas) agochando esta realidade tras dos trastornos de ánimo, dores crónicas, trastornos funcionais e a máis variada clínica. Incluso poden  non queixarse de nada e casi non pisar a consulta. O que moitas veces ignoramos é que as mulleres están esperando o momento a que se lles pregunte directamente por elo.

 Estamos preguntando coa frecuencia recomendada? Estamos preparados para diagnosticar unha situación que non podemos tratar acto seguido? Estamos preparadas para derivar sen abandonar e ser mentores de resiliencia? De forma global, non. Ainda non. Por iso é esencial formación e   capacidade de reflexión. Aprender a preguntar, a escoitar sen xulgar, a derivar aos recursos pertinentes e a amosar que, elixan o que elixan, non as vamos a abandonar.

E que pasa máis alá das situacións de maltrato pola parella? Como trata o sistema sanitario ás mulleres?

No Congreso da Saúde Cardiovascular SEC de outubro de 2022, Lourdes Vicent presentou un estudio sobre o impacto do sexo no motivo de consulta e a atención aos pacientes en cardioloxía.

 “A maior frecuencia de consultas en urxencias nas mulleres pode explicarse por unha maior conciencia de enfermidade ou unha maior preocupación polos síntomas cardiovasculares nelas. Polo  contrario, a menor frecuencia de ingresos hospitalarios nas mulleres poden deberse a unha menor preocupación por un padecemento grave pola parte dos médicos que atenden a estas pacientes, en base aos síntomas polos que consultan as mulleres”, apunta a médica e investigadora.

 Será unha situación puntual de diferencia no tipo de coidado proporcionado en  base ao xénero do paciente? Pois esta é unha das moitas situacións nas cales  as mulleres seguen sendo invisibles, ou menos visibles que os homes, para a medicina. Son tantas e tan flagrantes que o libro de Carme Valls Llobet é esencial para calquera profesional sanitario mínimamente preocupado coa calidade do seu traballo profesional.

Nel, Carme recolle moitas situacións de ataques á saúde das mulleres, do invisible  da saúde das mulleres e  reflexiona sobre como podemos contribuír a facernos visibles para a ciencia: para mellorar a calidade da asistencia sanitaria hai que actuar na investigación, política, educación e organización do sistema sanitario.

Ademais dunha profunda reflexión sobre o machismo que reproducimos na nosa conduta, os nosos diagnósticos e opcións de tratamento, tamén é esencial lembrar que o  xénero é un Determinante Social da Saúde. Que significa isto?

Segundo a OMS o xénero “é un factor que crea inequidades sanitarias por si só e que pode agravar as que son produto da situación socioeconómica, da idade, da etnia, da discapacidade, da orientación sexual, etc.”

Co obxectivo de promover a equidade no acceso á Sanidade, a OMS inclúe como un dos obxectivos da Estratexia Global de Saúde Dixital 2020-2025 o fomento da alfabetización dixital en saúde, igualdade de xénero e empoderamento da muller ; e os enfoques inclusivos na adopción e xestión de tecnoloxías de  saúde dixital.

E  por que  nos importa isto?

Persoalmente, como médica interna residente de Medicina Familiar e Comunitaria, impórtame saber qué factores impiden que os  meus pacientes poidan tomar as mellores eleccións para a súa situación de saúde e de qué forma o meu traballo lles proporciona as ferramentas adecuadas para a construción e mantemento da súa saúde. Isto obrígame a mirar máis alá das paredes da consulta, preocuparme polos contextos que condicionan aos meus pacientes e á reflexión sobre os sesgos de xénero inherentes ao meu traballo para evitalos ou non repetilos.  E quizáis no futuro aportar grans de area nas mesas intersectoriais e/ou investigación.

 En suma, unha das moitas reflexións intrínsecas do incrible traballo que é ser médica de familia.

          Cátia Sofia Lages Jorge Timóteo

          MIR IV MFyC – CS Bueu

2 comentarios sobre “A interminable loita pola visibilidade”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies