AGAMFEC INFORMA COVID19

A Medicina Familiar e Comunitaria é unha especialidade

A AGAMFEC, principal sociedade dos médicos de familia galegos, quere amosar a súa estupefacción ante as declaracións do Presidente da comisión de docencia do Hospital Universitario de Ourense, Dr. Jesús García Mata, nas que se refire á falta de residentes de medicina familiar e comunitaria pola “tendencia actual a especializarse”, dando a entender que Medicina Familiar e Comunitaria non é unha especialidade como as demais. Este tipo de comentarios so poden explicarse por un descoñecemento do sistema formativo MIR, incomprensible no seu cargo, hacia a nosa especialidade ou por erro na intrepretación das súas declaracións.

Levamos anos reclamando consideración e dignidade cara a nosa especialidade de medicina familiar e comunitaria e cara o noso traballo, tan pouco valorado pola Administración. A nosa especialidade ten amosado a súa importancia e vese, agora, como a falta de profesionais impacta no normal funcionamento do sistema nacional de saúde.

Pero, que un presidente da comisión de docencia, garante da calidade formativa das especialidades médicas dunha área sanitaria coma a ourensán, teña esta desconsideración hacia a especialidade máis numerosa e pilar básico do sistema sanitario, fai que esixamos unha aclaración e corrección pública pola súa parte, para estar á altura que ese cargo merece.

1 comentario sobre “A Medicina Familiar e Comunitaria é unha especialidade”

  1. Hola!
    Totalmente de acuerdo. La situación en la que nos encontramos las médicas de familia es penosa, maltrato por parte de la administración, precariedad de agendas , sobrecarga, y contratos de personal sin especialización para cubrir contratos y guardias . Todos esos factores hacen que estemos agotadas y en ocasiones desilusionadas, pero demostramos que somos capaces de seguir adelante.
    No se puede permitir que el “Presidente “de una comisión de docencia tenga esas ideas y tenga la desfachatez de hacer esas declaraciones. Debe dejar ese cargo de manera inmediata, pedir disculpas o aclarar porqué las ha realizado.
    La medicina de familia es LA ESPECIALIDAD.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies