Tal e como a define, o propio SERGAS:
Saúde Móbil é unha aplicación do Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa que se pretende establecer unha nova canle de comunicación cos cidadáns.
O obxectivo desta aplicación é mostrar o catálogo de apps e e-servizos sanitarios que ofrece o Sergas na rede, así como permitir participar nas redes sociais e acceder ás últimas noticias.
Pero non esperes dela mais que iso, un catalogo, con ligazóns ás paginas das distintas apps e servizos. Esta dispoñible tanto en galego como en castelán, coas seguintes funcionalidades:
- Acceso directo á versión móbil da aplicación de É-SAúde
- Acceso directo á versión móbil da aplicación de Cita Atención Primaria
- Acceso directo á versión móbil do servizo Contacte
- Acceso ao catálogo de aplicacións móbiles do Servizo Galego de Saúde
- Acceso á listaxe de últimas noticias publicadas polo Servizo Galego de Saúde
- Acceso á listaxe das redes sociais dos diferentes organismos/estamentos dependentes do Servizo Galego de Saúde. Ofrécese información e acceso directa ás diferentes canles que teñen dispoñibles.
- Consulta das mensaxes enviadas para comunicar aos usuarios novidades, avisos, etc.
…
A continuación as ligazóns de descarga:
- En Google play ( Android)
- En App Store ( IOS)