Axudas para a relización de teses doutorais Isabel Fernández 2023


A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC), a través da súa Sección de Investigación, CONVOCA 6 AXUDAS para a realización de teses doutorais.

CONDICIÓNS

Participantes: Poderán optar a estas axudas todas as persoas que sexan profesionais en activo da saúde dentro do ámbito da Medicina Familiar e Comunitaria e estean asociadas á semFYC.

Tema O tema deberá estar relacionado coa especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, e desenvolverse no ámbito da Medicina de Familia.

Seguimento, presentación e aprobación da tese O prazo estimado para a presentación e aprobación da tese non deberá ser superior a 48 meses desde a concesión da bolsa, aínda que se poderá solicitar unha prórroga xustificando as causas que a motivan.

Difusión A semFYC resérvase o dereito para difundir total ou parcialmente o traballo premiado e a consideralo como Proxecto de Investigación semFYC. En cada publicación dos resultados da tese doutoral deberase facer constar que devandito traballo foi obxecto de axuda por parte da semFYC da seguinte maneira: «Este traballo recibiu financiamento da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria -semFYC ao resultar gañador dunha axuda para a realización de teses doutorais Isabel Fernández 2023». Os resumos estruturados das persoas premiadas publicaranse na Revista Clínica de Medicina de Familia.


En primeiro lugar os interesados deben presentar a solicitude cumprimentando o formulario electrónico, e posteriormente deben enviar toda a documentación relativa ao proxecto á Secretaría Científica da semFYC.

A documentación só se aceptará en formato electrónico e remitirase mediante un e-mail a secretariacientifica@semfyc.es

Prazo de envío de solicitudes e documentación:
12 Febreiro de 2023

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies