burnout

Carta aberta de AGAMFEC ás Xerencias

Carta envíada pola Xunta Directiva de AGAMFEC ás Xerencias:

Estimados Xerentes/as,

Como sabes, desde AGAMFEC seguimos con atención os protocolos propostos polo MSCBS, a Consellería e as Áreas de Saúde para Atención Primaria na epidemia do COVID-19, dándolles difusión desde a nosa web. É un momento complicado e entendemos que pola dispersión xeográfica de Galicia, a resposta ha de ser flexible, adaptada á contorna.

Con todo, polas informacións recibidas dos nosos socios, detectamos unha variabilidade preocupante. Hai certos elementos dos protocolos que non deben ser omitidos, en ningunha circunstancia. De maneira priorizada:

1. Existe unha gran variabilidade na aplicación dos protocolos, especialmente na triaxe (preferiblemente previo a entrar na área asistencial, mesmo na mesma porta do centro) e, especialmente, na diferenciación do circuíto de respiratorio. Debese haber quenda de atención, cos profesionais cumprindo todas as normas de seguridade que se deben aplicar. Realizamos unha actualización neste sentido na nosa web (organización centros) e difundirémola por todos os medios ao noso alcance.

2. Preocúpanos o seguemento dos casos, casos probables, casos posibles, contactos, seguemento de altas. É fundamental identificar os contactos e facerlles o seguimento protocolizadamente. Actualizamos a nosa web tamén neste sentido e agradeceriámosvos a difusión o máis ampla posible entre os profesionais de atención primaria, de todas as categorías.

Sería unha gran axuda que este seguemento, preferiblemente telefónico, puidese realizarse desde casa, con acceso á historia electrónica, como xa se fai nalgunha área. Permitiría diminuír a presenza de profesionais no centro, establecendo quendas (diminuíndo o risco de contaxio, tamén) e/ou a colaboración de xubilados.

Nesta fase e para esta poboación, o comportamento dentro do domicilio é esencial. E é a nosa responsabilidade que sentan atendidos e acompañados. Desde AGAMFEC, promovemos as consulta proactiva e otras actuacións

3. Consideramos inadmisíbeis as limitacións de material, que se tentan mendar con mandilóns de plástico, máscaras caseiras e pantallas de plástico para os ollos, etc.. É esencial que os profesionais dispoñan de material suficiente, estandarizado e de calidade así como identificar sen xénero de dúbida en qué circunstancia utilizar EPI, cal é o momento para poñelo ou quitalo, e como fai sen contaminar, sexa o centro ou o domicilio do enfermo. Reunimos información en https://www.agamfec.com/medidas-de-autoproteccion, pero é absolutamente necesario que todos os profesionais de todos os centros ensaien a súa utilización e asuman colectivamente os criterios.

4. Solicitamos fluidez nos test solicitado por Atención Primaria a través do xestor e recibir os resultados. Isto é imprescindible para realizar a atención telefónica e/ou a domicilio que comentabamos anteriormente. Obviamente, sen as listas de espera que existen actualmente, como consecuencia dos múltiples filtros que interveñen.

5. Temos unha preocupante sensación de falta de coordinación entre traballo social e centros sociosanitarios cos profesionais sanitarios. Esta é unha tarefa urxente do comité de coordinación por área do COVID-19, a información debe fluír rapidamente aos centros de saúde.

6. Por último pero non menos importante, consideramos que os residentes de atención familiar e comunitaria que se incorporan como especialistas, o son de Atención Primaria. Por tanto, que debesnse incorporar ao seu centro de saúde e participar cos demais profesionais nas tarefas que correspondan (quendas, distribución de atención, etc.). Sen que sexa óbice para que eles, como calquera outro profesional, puidesen desprazarse onde fose necesario.

Pero o coñecemento débese acompañar da autoritas, e esa correspóndevos a ti/equipo. Rogámosvos claridade nas mensaxes remitidas aos xefes de servizo/responsables COVID-19 por centro. E nos atrasados, urxencia para realizar a organización que se precisa para evitar contagios entre os nosos profesionais.

Xuntos podemos máis,

Xunta Directiva de AGAMFEC

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies