Comunicado conxunto da semFYC e as 17 Sociedades Federadas de Medicina Familiar e Comunitaria sobre a excelencia da formación dos MIR en Medicina Familiar, e en apoio ao labor dos titores, titoras e Unidades Docentes

A Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria e as 17 Sociedades Federadas de Medicina Familiar e Comunitaria que a integran reclama que as administracións e xestores apoien decididamente a tutorización en Medicina Familiar e Comunitaria, dotando ás Unidades Docentes dos recursos materiais e humanos necesarios.

O conxunto de sociedades agradecen o esforzo e compromiso coa especialidade de todos os titores e titoras: é necesario recoñecer o papel fundamental que teñen, non só no impulso da Medicina Familiar e Comunitaria de hoxe, senón tamén no futuro dunha atención sanitaria de calidade.

No actual contexto de debate en torno ao modelo de Atención Primaria e ao futuro da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, existe unha peza fundamental que require especial atención, xa que sobre ela descansa o futuro da especialidade: aqueles profesionais que exercen a tutorización dos Médicos Internos Residentes (MIR), destinados a ser futuros especialistas.

Historicamente, a formación do sistema MIR en Medicina Familiar e Comunitaria foi un éxito para a formación especializada nesta disciplina médica, e o seu prestixio transcendeu as fronteiras españolas. Son moitos os médicos e as médicas de familia que afirman sentirse orgullosos e orgullosas dela. Con todo, para preservala, é necesario cumprir cos requisitos que garantan a acreditación das unidades docentes, centros de saúde, docentes e titores e titoras en Atención Primaria.

CONTEXTO ACTUAL. Un contexto cambiante que precisa estabilidade.

O momento actual é extraordinariamente complexo por un conxunto de circunstancias que detallamos a continuación:

1. A curva demográfica da especialidade en si mesma, que está a vivir a xubilación das primeiras xeracións de especialistas entre as cales, sen ter datos exactos, atópase un bo número de titores e titoras.

2. O número crecente de prazas MIR convocadas desde 2019, que aínda que non alcanzan a cubrir a taxa de reposición de especialistas que se xubilan, deben manterse e aumentar nos próximos anos, aínda coa incerteza do descenso de titores/as experimentados/as.

3. A situación laboral actual, con sobrecarga asistencial, conleva que un certo número de residentes do primeiro ano opten por unha praza doutra especialidade sen finalizar a residencia, por non cumprir coa mesma.

4. A falta de recoñecemento dos titores e titoras para a carreira profesional, e sen remuneración pola actividade docente, impide o desenvolvemento da mesma.

5. A ausencia de prazas perfiladas para titores e titoras non permite garantir a capacidade docente dos equipos, o que repercute na actividade de tutorización e docencia. Ante xubilacións ou traslados, é necesario asegurar a cobertura de prazas docentes por titores e titoras.

6. As Unidades Docentes, como garante da adquisición de competencias establecidas nos programas da especialidade, precisan estar dotadas dos adecuados recursos materiais e humanos, e dispoñer do tempo necesario para desenvolver as súas funcións, dar resposta ás tarefas docentes, de supervisión, avaliación, organización e xestión.

Por todo iso, observamos que a día de hoxe, o exercer como titores e titoras responde soamente o compromiso coa especialidade, a Atención Primaria e o Sistema Nacional de Saúde.

A Xunta Directiva das Sociedades de Medicina Familiar e Comunitaria, agrupadas na federación semFYC, consideramos necesario o recoñecemento a todas as persoas que están vinculadas coas Unidades Docentes, xa sexa como titores/as, técnicos/as ou xefes/as de estudo, polo seu compromiso coa continuidade e viabilidade do sistema.

RECOMENDACIÓNS DE ACTUACIÓN. Por unha formación de calidade

A adecuada atención sanitaria á poboación está estreitamente relacionada coa formación dos médicos e as médicas de familia. Neste sentido, a semFYC e o conxunto de 17 Sociedades Federadas de Medicina Familiar e Comunitaria que a integran formulamos unha serie de recomendacións para mellorar a docencia en Atención Primaria e fomentar un labor ilusionante tanto para os titores e titoras como para o conxunto de residentes.

● Resulta necesario fortalecer a situación e o prestixio da tItorización en Atención Primaria: mellorar as condicións de traballo, facilitar a xestión asistencial que permita dispoñer de tempo para a titorización co fin de impulsar unha formación de calidade.
● É necesario que os centros docentes dispoñan de recursos materiais suficientes, de equipamento informático e dos espazos adecuados para a formación dos médicos e as médicas residentes.
● As Unidades Docentes multiprofesionales de atención familiar e comunitaria en España precisan de sistemas de supervisión que garantan as adecuadas condicións e criterios docentes que aseguren a actividade formativa.

● As Sociedades de Medicina Familiar e Comunitaria, agrupadas na federación semFYC, instamos a recoñecer o labor de todos os titores e titoras así como as súas necesidades formativas como docentes. Insta a considerar o traballo docente a nivel curricular, e desenvolver mecanismos de incentivación á titorización, que inclúan recoñecemento na carreira profesional, prioridade no acceso a prazas docentes, así como remuneración.
● As Sociedades de Medicina Familiar e Comunitaria, agrupadas na federación semFYC, instamos a recoñecer as necesidades dos xefes e xefas de estudo, en canto a tempo, recursos humanos e económicos, así como recoñecemento ao papel clave como garantes do funcionamento das UUDD.

Unha figura clave para o sistema sanitario

Para o conxunto de asinantes os titores e as titoras, e os xefes e xefas de estudo son un dos piares fundamentais da especialidade en Medicina Familiar e Comunitaria. Por este motivo, a sociedade quere recoñecer publicamente a valiosa e imprescindible labor que levan a cabo día a día: sen ningunha dúbida, teñen un papel fundamental na formación que garanta unha atención de calidade á cidadanía.
A Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria e as 17 Sociedades Federadas de Medicina Familiar e Comunitaria que a integran, continuaremos alentándolles para que sigan perseverando na súa actividade docente, e ofrecéndolles o apoio institucional e as ferramentas necesarias para adaptarse aos desafíos que se presentan na actualidade en Atención Primaria.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies