Os equipos de Atención Primaria nin compartimos nin aceptamos a creación de vacinódromos para administrar á poboación xeral a vacina da COVID-19 cando, con normalidade, somos estes equipos os os que asumimos anualmente tanto a campaña vacinal da gripe como o calendario vacinal ao longo de toda a vida. Medicina e Enfermería Familiar e Comunitaria sostemos que somos os profesionais mellor preparados tanto por coñecemento da poboación asignada como por competencia e recorrido profesional.