la semfyc en tiempos de coronavirus

Comunicado semFYC sobre desburocratización dos partes de Incapacidade Temporal

Gustaríanos compartir convos

A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, semFYC, desexa facer constar a través deste comunicado os problemas que a sobre burocratización dos partes de incapacidade temporal ( IT) están a provocar nas consultas das e os médicos de familia de toda España. Así como propoñer medidas inmediatas para axilizar a súa xestión e evitar o bloqueo da asistencia sanitaria.

As consultas de atención primaria están a colapsarse en todo o país pola xestión da Incapacidade Temporal dos pacientes con infección por Covid-19, con casos leves ou asintomáticos na súa maioría, que se realizaron un autotest e non precisan asistencia directa. A necesidade de contactar co centro de saúde e acudir ao centro bloquea a capacidade de asistencia sanitaria aos pacientes con Covid-19 moderada ou grave e ao resto das patoloxías agudas e crónicas que constitúen a base do noso traballo como especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.

Desde a semFYC queremos sinalar que as accións propostas nas consellerías de sanidade dalgunhas comunidades non son acordes coa legalidade vixente. Tramitar un parte de incapacidade temporal por parte dun médico amparándose nun mecanismo de auto diagnóstico realizado polo paciente no seu fogar non ten cobertura segundo a actual lexislación. O RD 625/2014 explicita no punto 1 do seu artigo 2 que “…formularse no correspondente parte médico de baixa expedido polo médico do servizo público de saúde que efectuase o recoñecemento do traballador afectado.” No punto 2 explicítase que “Todo parte médico de baixa irá precedido dun recoñecemento médico do traballador que permita a determinación obxectiva da incapacidade temporal…”.

Algunhas comunidades autónomas facilitaron emitir alta e baixa nun mesmo acto aos pacientes asintomáticos ou leves con infección por Covid-19, ampliando de 4 a 7 días exclusivamente neste suposto. Isto contou co consentimento do INSS, tácito ou escrito, co fin de garantir a seguridade xurídica dos profesionais responsables da incapacidade temporal.

Por todo iso, desde a sociedade española de medicina de familia e comunitaria solicítanse con carácter inmediato as seguintes medidas:

  1. Notificación telemática de altas, confirmacións e baixas. Solicitamos ao INSS que con carácter inmediato proceda á emisión dunha instrución a todas as empresas para utilizar a vía telemática, a través do sistema RED en vigor desde decembro de 2019, con carácter exclusivo en todo o procedemento de Incapacidade Temporal e en todas as causas. Só cabe a exclusión dos contratos de particulares en tarefas domésticas ou de coidado de persoas por non estar habilitados para o acceso na actualidade, aínda que confiamos en que se corrixa nun futuro próximo.
  2. Definir como proceso curto —ata 7 días— para todos os procesos, con alta e baixa no mesmo acto clínico sexa cal for a causa, co fin de asimilar todos os procesos nun sistema común que axilice a notificación e diminúa as visitas aos centros de saúde de carácter burocrático.
  3. Implantar, para a infección por COVID, a declaración responsable do traballador á empresa e/ou mutua, que asumiría directamente a xestión das ausencias ata 7 días sen necesidade da intermediación do médico do sistema público de saúde, debido a que é un procedemento asimilado a accidente de traballo a efectos económicos.
  4. Establecer un calendario de negociación do novo RD de Incapacidade Temporal para simplificar o acceso á baixa laboral en España, pois o mecanismo actual é obsoleto, burocratiza a prestación de servizos de asistencia sanitaria e médica e, en situacións de emerxencia como a actual, colapsa o sistema.


Desde a semFyC entendemos que boa parte destas medidas poden ser asumidas como medida excepcional fronte á situación tamén excepcional que vive a Atención Primaria do noso país. Algunhas destas medidas requiren reformas legais urxentes, polo que instamos a que leven a cabo coa maior celeridade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies