AGAMFEC

Comunicado Xunta Directiva

POSICIONAMENTO DA AGAMFEC RESPECTO AO PLAN GALEGO DE HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIOVen de ser presentado pola Xunta de Galicia o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio, Estratexia HADO 2019-2023.A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria quere mostrar a súa disconformidade con Plan polo seguinte:A  lonxitudinalidade é  unha característica esencial da atención sanitaria que debe prestarse aos pacientes e consiste na atención polo mesmo profesional sanitario ao longo de toda a vida. O médico e o enfermeiro de familia, co apoio do resto de profesionais do ámbito de atención primaria son os profesionais que poden achegar continuidade asistencial ao paciente. Con todo, segundo aumenta a complexidade do paciente, imos asistindo a unha progresiva fragmentación da atención que rompe coa  lonxitudinalidade  (urxencias hospitalarias, coidados paliativos, hospitalización a domicilio, etc.). É evidente que certos problemas de saúde de forma puntual poden levar ao paciente ao hospital, aínda que o desexable é que sexa o mínimo posible e se preste a atención complexa o máis próxima ao domicilio do paciente ou no mesmo domicilio.A  hospitalización a domicilio reduce a mortalidade, os reingresos e os custos respecto a a atención hospitalaria e aumenta a satisfacción dos pacientes, non o poñemos en dúbida. Pero presenta aspectos altamente cuestionables: no propio documento afírmase que existen criterios de exclusión que afectan á equidade do noso Sistema Sanitario: é criterio de exclusión se “ non danse  as  condicións  xeografícas, horarios e/ ou técnicas”. Cumprir estas características faría de  HADO un sistema inviable en Galicia polas características xeográficas, de organización sanitaria, e polo custo.Por iso, defendemos que sexa Atención Primaria o ámbito de toda a atención domiciliaria.  En relación ao perfil profesional, actualmente son maioritariamente médicos de familia quen o fai. En canto ao ámbito, os pacientes son atendidos no seu domicilio polos seus equipos de Atención Primaria. Soamente Primaria pode prestar unha atención equitativa, que chegue a todos durante 24 horas 365 días ao ano viva onde viva o paciente. Só Primaria pode prestar unha atención   biopsicosocial, que é crítica nestas situacións complexas, pois coñece e apoia a contorna familiar e social do paciente.A situación actual de Atención Primaria, como vimos denunciado desde hai tanto tempo é moi deficiente. As graves carencias orzamentarias, o persoal moi  insuficiente, a accesibilidade a probas restrinxida, a dotación de recursos materiais anticuada sin vehículos de empresa para o traballo domiciliario dos que sí dispone HADO, supón tempo moi insuficiente para  o traballo e provoca que a prestación de coidados se vaia  constriñendo á patoloxía aguda, descoidando aspectos esenciais nos coidados como son  as actividades preventivas e de promoción da saúde,  ou a atención domiciliaria, incluso a de baixa complexidade.HADO é un intento e ademais ineficiente para tratar de correxir esta situación de precariedade que sofre Atención Primaria que é o ámbito de atención máis custo-efectivo. A opción no n debe ser aumentar servizos, debe ser potenciar a calidade dos que temos. Destinar recursos específicos adicionais á HADO non soluciona a situación de precariedade que sofre a Atención Primaria e ademáis éstes recursos vense destinados a un ámbito menos custo-efectivo, coa conseguinte perda de custo-oportunidade.A resposta á atención domiciliaria complexa, e a HADO como parte dela, debe ser un modelo de integración, onde unha Atención Primaria adecuadamente dotada, preparada para atender ao paciente na súa contorna preste unha  atención  integral, apoiándose nos recursos sociais e traballando en rede cos recursos hospitalarios.Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria23 de xullo 2019

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies