Como sabedes a fin de semana do 8-9 febreiro, no congreso da Coruña tivo lugar a asemblea de socios que ratificou a nova Xunta directiva con Susana Aldecoa como nova presidenta. Ademais recibín o mellor agasallo dos socios: o seu agarimo e recoñecemento. Para min, como dixen no discurso de inauguración, foi un orgullo ser presidente dunha asociación tan profesional e solidaria. Todo foron facilidades por parte dos socios ante calquera proposta de colaboración. A mais sensible: a atención a migrantes sen papeis, abandonados da administración , onde puiden comprobar a calidade humana dos médicos de familia. Grazas a todos.
Nesta etapa convulsa, pero esperanzadora para a atención primaria, tócalle coller a substitución a Susana e o seu equipo, co que seguirei colaborando na xunta directiva. Para que a esperanza convértase en realidade, necesitamos dos socios mais que nunca, polo que non dubido que estaredes todos a un tempo na defensa da medicina de familia galega. Animo a todos, sorte e forza o novo equipo e grazas de novo.
Suso Sueiro