DMD-Galicia veu desenvolvendo unha campaña de mobilización e recollida de apoios a unha declaración a prol do recoñecemento institucional do 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia.
Por este motivo, realiza o vindeiro 12 de xaneiro de 2023 unha concentración simbólica ás 13 horas na Praza do Obradoiro en Santiago, á que convoca a tódalas persoas e organizacións, para apoiar que o 12 de xaneiro sexa o Día da Morte Digna en Galicia.