BANNER_CORONAVIRUS AGAMFEC sogafi

Fisioterapia no manexo do doente COVID en fase de alta hospitalaria

Os doentes ingresados, sobre todo durante tempo prolongado, i en especial os ingresados por COVID, poden sufrir desacondicionamento físico, disnea secundaria ao exercicio e atrofia muscular importante,  similar á producida por outras síndromes como a SARS ou MERS.

Por isto ao alta hospitalaria é necesaria unha valoración, ademáis de clínica, do estado respiratorio e funcional  do doente, a  prescrición de actividade física adaptada e,  de considerarse necesario, unha derivación ao fisioterapeuta de Atención Primaria.

Para axudar nesta labor, os compañeiros de SOGAFI elaboraron un documento de seguemento en UFAP ( Unidades de Fisioterapia de Atención Primaria) en fase contaxiosa ao alta hospitalaria e ademáis unha serie de vídeos  sobre exercicios para recomendar en consulta

Tamén de moito interese a pílula Salubrízate de exercicios respiratorios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies