As organizacións da alianza Más Sanidad poñen rostro ao colapso sanitario

Oito meses despois, a segunda ola da Covid-19 volve causar un imparable aumento do número de contaxios e falecidos, a sacudir a vida das residencias de persoas maiores, a levar ao límite ao persoal sanitario e a poñer contra as cordas ao sistema público de saúde. Este escenario, como denuncian hoxe as vintecinco organizacións que conforman a alianza Más Sanidad Pública y Universal, ten a súa orixe na inacción dos poderes públicos, incapaces de adoptar as medidas precisas para facer fronte a esta situación.

Mediante catro protagonistas reais, a campaña pon nome e rostro a profesionais e pacientes vítimas da Covid-19, que miran á cara aos políticos reclamando decisións que mitiguen os efectos desta segunda fase da crise.

A campaña Dar la cara por la Sanidad pon nome e rostro a diferentes profesionais e pacientes vítimas da Covid-19 e pide aos representantes políticos que os miren á cara e lles expliquen por que non puxeron en marcha accións que minoricen os efectos desta segunda fase da crise. Os seus protagonistas son persoas como María José, cuxo pai de 91 anos contraeu a enfermidade o pasado mes de marzo. Ao chamar ao hospital, advertíronlle que estaban desbordados e o seu pai non quixo ir por medo a morrer só. Finalmente, faleceu en casa sen que chegaran a facerlle un test para confirmar a súa diagnose e sen recibir a máquina de osíxeno que lle prometeran dende o centro hospitalario.

Son persoas como Esther, enfermeira, que durante a primeira ola traballou nun ximnasio habilitado con camas para pacientes con Covid-19 porque non había sitio nas UCI, empregando traxes improvisados con bolsas de lixo como única protección. Hoxe volve estar en primeira liña, vendo día a día como moral dos seus compañeiros e compañeiras e a súa propia se vai rachando pola falta de persoal, recursos e material. Unha experiencia moi similar á de Elena, médico especializada en enfermidades tropicais, que lembra a incerteza ante a chegada dos primeiros pacientes de Covid-19 ao seu hospital, sen protocolos nin coñecemento suficiente sobre o virus, e as xornadas maratonianas sen descansar máis de catro horas seguidas. Agora, a desconfianza na xestión política e a farta é total, asegura.

Ou persoas como Orquídeo, que perdeu o seu emprego na hostalería, contaxiouse e debido ás súas patoloxías previas rematou na UCI. Agora, aínda que se recuperou, segue agardando nunha lista por unha operación do corazón que non semella chegar.

Analizamos os orzamentos para Sanidade

Estas historias poñen rostro ás consecuencias que está a ter esta pandemia. Dende o seu inicio, as organizacións da alianza Más Sanidad propuxeron unha serie de recomendacións para reforzar o sistema sanitario público e facer fronte á crise sanitaria. Fixérono durante o traballo da Comisión para a Reconstrución Económica e Social, e volveron facelo hai tan só unhas semanas cando enviaron un documento ao Goberno con propostas para facer fronte a esta segunda ola da pandemia. Os presupostos xerais, que estes días se negocian no Congreso dos Deputados, recollen tímidos avances nesta materia pero, segundo a alianza, aínda están a ser insuficientes.

Boa mostra destes avances é o aumento da partida de Sanidade que irá destinado a materias clave, como o reforzo da Atención Primaria con 1.089 millóns de euros; a adquisición  de vacinas fronte á Covid-19, á que se destinan 1.011 millóns; ou a renovación das tecnoloxías sanitarias, que contará con 400 millóns de euros

Aínda así, deixando a un lado os fondos europeos -que teñen carácter extraordinario- e o aumento de 49,5 millóns de euros do presuposto de MUFACE (organismo público que xestiona as prestacións sociais dos funcionarios, entre elas, a sanidade), esta contía supón só un incremento de 64 euros por habitante ao ano, moi lonxe dos 1.000 que ven reclamando a alianza. Unha cifra, lembran as organizacións, que situaría a España na media do gasto sanitario dos países da nosa contorna, e que axudaría a recuperar unha sanidade pública de calidade.

A responsabilidade das autonomías na distribución dos fondos

Tamén advirten de que un dos principais escollos se atopa na partida que o Estado transfire ás comunidades autónomas, e que supón máis do 80% do gasto público total. Ao tratarse de fondos non finalistas, o destino destas partidas é responsabilidade dos gobernos rexionais a través dos presupostos autonómicos, algo que pode xerar unha desigualdade enorme entre as comunidades en función de como decidan distribuílas cada unha delas. Neste sentido, a alianza reclama que se establezan mecanismos de financiamento finalista que garantan que os novos fondos van destinados ás áreas clave.

Ademais, as organizacións apoian a exención dos copagos a novos colectivos de persoas vulnerables, xa que rematar con esta barreira diminuirá significativamente o número de pacientes que non poden acceder aos seus medicamentos por problemas económicos.

Segundo as entidades da alianza, estes presupostos melloran os anteriores, pero seguen sendo insuficientes para devolver á Sanidade ao lugar que lle corresponde como piar fundamental do Estado social. É necesario, engaden, un maior incremento da financiamento acompañado, ademais, da urxente reforma da política farmacéutica e de medidas que aseguran a blindaxe fronte ás privatizacións e unha potenciación real da Atención Primaria. Só así, conclúen, poderemos rematar cos problemas estruturais que afectan á sanidade española e facer fronte a esta e a futuras pandemias.

Organizacións firmantes

Médicos del Mundo, Salud por Derecho, Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (semFYC), Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP), Unión General de Trabajadores (UGT), Comisiones Obreras (CCOO), Yo Sí Sanidad Universal, Asociación de Enfermería Comunitaria (AEC), Federación de Asociaciones de Enfermería Comunitaria y Atención Primaria (FAECAP), Consejo General del Trabajo Social, Confederación Estatal de Asociaciones de Vecinos (CEAV), FACUA, Coordinadora Andaluza en Defensa de la Sanidad Pública, Mesa en Defensa de la Sanidad Pública de Granada, Nafarroako Osasun Publikoaren Aldeko Elkartea (Asociación para la Defensa de la Salud Pública de Navarra), A voz da Sanidade de Cangas, Plataforma Garanticemos las Pensiones, Mayores de Getafe, ARI-Perú, Red Transnacional de Mujeres (Network Woman), Red Acoge, Medicusmundi, Plataforma Salud Universal de Aragón, Plataforma de Salud Mental de Aragón; Federación de Planificación Familiar Estatal.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies