NON TODO VALE NA XESTIÓN DE ATENCIÓN PRIMARIA

(Baseado no Documento da Sociedade Madrileña de Medicina de Familia e Comunitaria, ( SoMaMFyC) aplicable á situación da Medicina Familiar e Comunitaria en España e a Comunidade Galega.)

As recomendacións “Non Facer” en España xorden á calor dunha corrente internacional contra as decisións sanitarias erróneas nun contexto de “demasiada medicina”. Pretenden, por tanto, basearse na evidencia dispoñible, evitando duplicidades, decisións cun mal balance risco/beneficio e incidindo no verdadeiramente necesario.

Entendemos que a xestión sanitaria é un mundo moi complexo por ser un verdadeiro “cruzamento de camiños” de intereses dispares cando non contrapostos e sometido a enormes tensións económicas. A iso habemos de engadirlle que cada sistema sanitario é fillo da súa propia historia e por tanto non hai un catálogo de medidas universalmente exitosas. A actual Atención Primaria española é sólida, seguramente una das máis sólidas dos países da nosa contorna. Pero desde o seu deseño durante a transición sufriu unha erosión que cremos que non é achacable ao paso do tempo senón a un cúmulo de decisións erróneas na xestión do sistema sanitario. Son decisións na súa maior parte válidas para todo o territorio nacional, aínda que con particularidades autonómicas.

Gustaríanos unha “xestión baseada na evidencia” aínda que somos conscientes da dificultade de atopar datos confiables. Con todo, desde as investigacións de Barbara Starfield sábese que os sistemas baseados nunha Atención Primaria forte obteñen mellores resultados en saúde para a poboación e a un custo máis reducido (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/16202000). As evidencias acumúlanse nesa dirección. Unha Atención Primaria forte non consiste en repetir o mantra do “eixo do sistema” se non en aceptar os seus valores (a integralidade, a  lonxitudinalidade, a proximidade dos coidados…) como centrais no sistema, en colocala con peso suficiente nos núcleos de decisión e en dotala de recursos adecuados para o desenvolvemento da súa función  balanceando o peso económico da atención nos hospitais.

Dito todo isto, atrevémonos a facer unhas recomendacións “non facer” que se afastan un tanto do movemento de “demasiada medicina”, que non dispoñen do peso da evidencia aínda que nos parecen “evidentes”. Facémolo coa intención de sinalar malas decisións que empuxan aos equipos de atención primaria a unha perigosa situación de deterioración e agravio. Todas teñen a súa bibliografía que avalan as afirmacións. Hai, sen dúbida, moitas máis. Centrámonos nunhas cantas que nos parecen relevantes.

Cremos imprescindible empezar a incidir no verdadeiramente necesario para colocar á Atención Primaria no lugar que se debe, fuxindo de retórica. De non ser así corremos o risco de chegar a un punto de non retorno na súa deterioración.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies