AGAMFEC INFORMA COVID19

Outra vez os R4

A AGAMFEC ten que repetir, por desgracia, a sua oposición a medida que pretende asumir a conselleria de sanidade en contra do criterio do ministerio de sanidade. A falta de profesionais pola falta de planificación leva a toma de decisions que poden mesmo vulnerar a legalidade. Outra vez  se pretende sen rubor considerar os residentes coma man de obra barata no lugar de profesionais en formación.

O feito de anticipar o fin da residencia para cubrir as vacacions dos titulares e mesmo a posibilidades de traballar en servicios de urxencias supón unha vulneración do período formativo, pero ten duas manifestacions do desprezo a Atención Primaria: por unha banda porque no cuarto ano é cando mais tempo pasan os residentes na consulta de AP co seu titor e semella que, como xa rotaron polo hospital, xa son médicos de familia de sobra, e ademáis supón unha falta de consideración polo esforzo e dedicación dos titores a sua labor docente, xa de por sí sen ningunha consideración nin recompensa.

Coma sociedade científica que defende a excelencia da formación dos residentes e como titores que somos a maioría de nos, pedimos a consellería que non asuma esta desconsideración cara a AP e os docentes se non quere que acabemos desertando desta tarefa tan mal recoñecida.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies