Re-pensando Atención Primaria e un paso adiante

Re-pensando Atención Primaria e un paso adiante. Onde estamos e como facemos para mellorar.

Estamos vivindo nos centros de saúde, entre os profesionais, na sociedade, un intenso debate sobre onde está Atención Primaria, a onde vai se seguimos así e a onde queremos que vaia.

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria preparou unha enquisa anónima cos puntos básicos propostos na reunión de Médicos de Atención Primaria da Área de Vigo, e preguntamos, para cada un deles, qué actuacións preciasaremos para mellorar. Difundíuse en redes sociais entre 22/12/2018 e 30/12/2018. A pesares de ser un momento complicado para a participación, pola intensidade de actividades tanto no traballo como no ocio durante estes días, recibíronse 298 contestacións.

Despois da lectura de todas as respostas por dúas persoas con actividade investigadora, en cada un dos temas, seleccionáronse palabras clave ou códigos que mellor puidesen estruturar a análise. Así, os aspectos con máis volume ou intensidade de referencias por tema foron:

  1. Resolver a sobrecarga asistencial: Aspectos relativos ao sistema sanitario global e políticas sanitarias, aspectos da política sanitaria en Galicia, cambios na área de saúde, xestión dos centros, roles dos profesionais, xestión de axendas, relacións coa comunidade, relación servizos AP con servizos do hospital, algunhas cifras.

  2. Fidelizar aos novos médicos en AP: Contratos, salarios, carreira profesional, xestión de xubilacións.

  3. Resolver a problemática do acceso dos pacientes ao hospital: Derivacións, acceso a probas diagnósticas, comunicación de interniveis, modelos sanitarios, fluxos, aspectos relacionados coa organización do hospital.

  4. Plans de reposición de material e obras nos servizos de AP: Infraestrutura en AP, espazos nos centros, material e funxibles, mantemento, aspectos de saúde laboral e de seguridade de pacientes, papel dos profesionais, orzamento, transparencia.

  5. Mellorar as condicións laborais nos Puntos de Atención Continuada: Puntos relativos ás reivindicacións do colectivo “PACs en pé de guerra”, aspectos relativos á calidade asistencial, á dignidade, á non discriminación.

  6. Outras propostas: Implicar a asociacións de pacientes e usuarios, docencia e investigación; unha visión global, unha visión máis alá da actualidade.

Para cada un dos temas, presentamos as respostas agregadas en dous grandes bloques: onde estamos (citando as palabras dos profesionais) e, como facemos para mellorar (un resumo e algunhas citas). E, desculpámonos se algunha frase especialmente “brillante” non aparece neste informe ou ideas sensatas non están representadas exactamente como se escribiron. Non foi doada a selección, porque a cantidade e lucidez das respostas excedeu a nosa expectativa con fartura. Esperamos sintetizar as achegas de todos para construír unha voz con moitas voces.

Para más información:
https://www.agamfec.com/contacte-con-agamfec/

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies