Rechazo en bloque de los médicos temporales al nuevo contrato de “continuidad” propuesto por el SERGAS

Rexeitamento en bloque dos médicos temporais ao novo contrato de “continuidade” proposto polo SERGAS

O colectivo de médicos e médicas eventuais en situación de precariedade laboral de Galicia, explicou o por que do rexeitamento en bloque dos médicos temporais ao novo contrato de “continuidade” proposto polo SERGAS, xa oficial desde o 31 de xaneiro deste ano, e que afectará tanto a médicos de familia como pediatras de Atención Primaria:

Non son contratos de estabilidade, son contratos de “continuidade da precariedade”, non só para o médico, senón tamén para a atención do paciente; xa que pon en perigo o modelo asistencial actual, que persegue que cada paciente sexa sempre atendido polo mesmo médico.

  • a. Para o paciente: Obriga ao médico para traballar en varios centros de saúde da área sanitaria, cubrindo por días a diferentes médicos, e así durante varios anos. É dicir, é un contrato de MEDICO DE ÁREA/ PEDIATRA DE ÁREA, onde cada paciente adulto ou neno, será atendido cada día por un médico diferente.
  • b. Para o médico eventual: polas condicións e dispoñibilidade sen límites que se lle obriga a aceptar, dificultando a conciliación familiar pola gran inestabilidade que supón non só o aumento da xornada, senón tamén o ter o 40% do horario do mes sen fixar. O SERGAS pode avisar a calquera hora do día, da noite ou festivo para a incorporación inmediata a consultas ou gardas nun punto xeográfico non determinado, e así cada día de cada mes durante o ano, tres anos, etc que dure o contrato.
  • c. Para o médico titular(fixo):Este contrato non só é para médicos temporais,senón que abre a porta á creación da praza estrutural de médico de área. E esta praza fixa perpetua as condicións do contrato de precariedade tanto para o médico como para o paciente. Implica a desmantelación do sistema actual de atención primaria como o coñecemos.A aparición da figura de médico de área/ pediatra de área supón a DESAPARICIÓN DO MÉDICO DE FAMILIA como o coñecemos, xa que desaparece un dos alicerces fundamentais da atención primaria, a lonxitunalidade na asistencia, que persegue que cada paciente sexa sempre atendido polo mesmo médico.

Sabemos que como eventuais sempre imos sacrificar algo pero non queremos sacrificar a calidade e a lonxitunalidade da nosa asistencia aos pacientes.

NON QUEREMOS SER CÓMPLICES DA PRECARIZACIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE.

A solución vén da man da creación de contratos de estabilidade a través da OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO.A Xunta debe convocar oposicións que garantan 2 puntos fundamentais:

  • 1. Cubrir as prazas vacantes das xubilacións.
  • 2. Creación de novas prazas, derivadas non só da masificación das cotas, senón tamén da maior complexidade das probas diagnosticas,da maior demanda e do envellecemento da nosa poboación.

Aínda que anuncien unha convocatoria con 250 prazas, estas non chegan nin de lonxe para cubrir as vacantes a día de hoxe en Galicia, nin as xubilacións en masa dos próximos 5 anos. O panorama sanitario actual froito dos recortes sanitarios sen preámbulos, é incapaz de emendarse coa cobertura que podamos dar os médicos eventuais, por moito que sigan precarizando nosas condicións. Como xa mencionaron os xefes de servizo dimitidos de Vigo “non se pode organizar a miseria”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies